miércoles, 2 de marzo de 2016

El último paraíso, de Antonio Garrido

En 1929, o mozo e avezado Jack Beilis conducía o seu propio automóbil, vestía traxes a medida e frecuentaba os mellores clubs de Detroit. Pero a brutal crise que aquel ano azoutou América arroxouno, xunto a millóns de compatriotas, á fame e a desesperación. 

Desafiuzado e perseguido por un escuro crime, embarcará xunto ao seu amigo Andrew cara á lendaria Unión Soviética, o idílico imperio no que calquera home tiña dereito a traballar e ser feliz, sen sospeitar os extraordinarios avatares que lles tiña reservados o destino.


Inspirada en feitos reais, con "El último paraíso" Antonio Garrido funde maxistralmente thriller, amor e novela histórica na dramática epopea dun sobrevivente nun mundo dividido. Un formidable fresco dunha época convulsa que deu un novo rumbo á historia.


Premio de Novela Fernando Lara 2015

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N GAR ult novidades histórica