martes, 8 de marzo de 2016

Curso "Iniciación á informática"


Esta semana temos un novo curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador dende cero.

Terá lugar os días 10, 15 e 17 de marzo, ás 18:00 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Nocions básicas: Escritorio de Windows, rato e teclado: utilidades
- Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús
- Procesador de textos
- Barra de ferramentas: elementos básicos
- Modificación de textos


O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


No hay comentarios: