lunes, 8 de febrero de 2016

Un regalo que no esperabas, de Daniel Glattauer

Gerold Plassek leva unha vida fácil baseada en tres principios: cansarse o menos posible, permanecer na sombra e atrincheirarse tras unha cómoda rutina. Traballa nun xornal de distribución gratuíta, onde se ocupa, sen grandes ambicións, das "Noticias breves do día". O resto do tempo pásao no Zoltan's Bar, que case se converteu nunha prolongación do seu propio salón.

Cando descobre a existencia do seu fillo Manuel, de catorce anos, do que ten que facerse cargo durante uns meses, Gerold ve perigar a súa plácida vida. Aínda por riba, vese involucrado nunha serie de doazóns anónimas que o sitúan como a un heroe aos ollos de todos, especialmente do seu fillo Manuel.


Quen pode ser o misterioso doante? E por que implicou a Gerold?

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N GLA reg novidades vida cotiá



No hay comentarios: