viernes, 19 de febrero de 2016

Na sala de audiovisuais... La mirada del silencio

A través da obra cinematográfica de Joshua Oppenheimer (The Act of Killing) sobre os responsables do xenocidio en Indonesia, unha familia de sobreviventes descobre como foi asasinado o seu fillo e a identidade dos homes que o mataron.

O irmán máis novo decídese a romper ese silencio e medo co que viven os sobreviventes, enfrontándose aos responsables do asasinato do seu irmán, algo inimaxinable nun país no que os asasinos seguen no poder.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DOCUMENTAL MIR novedades


(fuente: LaButaca)