viernes, 26 de febrero de 2016

Na sala de audiovisuais... Alma salvaje

"Alma salvaje" conta a historia de Cheryl, unha muller que empeza a percorrer cunha mochila moi pesada unha distancia de mil setecentos quilómetros a pé: a fronteira mexicana que se estende polas montañas de Oregon e que chaman Pacific Crest Trail.

Con iso, Cheryl quere deixar atrás uns sucesos dolorosos que acaeceron na súa vida e así reconciliarse con eles. Unha perda irreparable, desintoxicarse das drogas que consumiu durante anos e a indiferenza entrega sexual, son os feitos que quere superar para atoparse a ela mesma.

A película está protagonizada por Reene Witherspoon, gañadora do Óscar a Mellor actriz por Walk the line (2005); Gaby Hoffman (Obvious Child), Laura Derns (Baixo a mesma estrela, The Master) e Michiel Huisman (The Age of Adeline, Guerra Mundial Z, Réinaa Vitoria).

Diríxea Jean-Marc Vallée (Dallas Buyers Club, Café de Flore, Réinaa Vitoria), é a adaptación do relato autobriográfico publicado por Cheryl Strayed.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA ALM novedades


(fuente: Sensacine)