jueves, 18 de febrero de 2016

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Servando Barreiro "A regueifa está na mesa".

Que é unha regueifa? Pois un canto improvisado que se celebraba nas bodas, nas que os improvisadores competian por unha rosca tamén chamada regueifa, de ahí o seu nome.

"A regueifa está na mesa/
e no medio ten un ovo,/
para cantar a regueifa/
veñan as de Portonovo".

Servando Barreiro fará unha demostración de varios tipos de regueifa para os máis miúdos.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 19 ás 18:00 h. na Ludoteca.


No hay comentarios: