jueves, 11 de febrero de 2016

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Charo Jaular "Bicar mentres me contas".

"Bicar" é acariciar cos labios.


"Contar" é acariciar as emocións.


De cantas formas te bicaron na vida...? Algunha vez bicáronte a través das palabras? Nese instante, se ti queres, vas recibir moitos besos,…tanto como historias.


Haberá bicos para suspirar e bicos para inquietar, bicos de auga e bicos do deserto, bicos antigos e bicos para mañá... bicos e máis bicos...

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 12 ás 18:00 h. na Ludoteca.