jueves, 4 de febrero de 2016

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "E si nos disfrazamos?" con Cucarandainas.

Achégase unha das festas máis divertidas do ano, pero qué celebramos no Entroido?

Neste obradoiro coñeceremos a súa orixe e cada participante realizará a súa propia manualidade, utilizando diferentes tipos de materiais, texturas e cores de modo que poidan expresar a súa alegría neste periodo de entroido.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 5 ás 18:00 h. na Sala multiusos.