miércoles, 3 de febrero de 2016

La niña perdida, de Elena Ferrante

Lina e Elena son agora adultas e tomaron camiños distintos: Elena deixou Nápoles para casar e converterse nunha escritora de éxito en Milán. Só un amor de mocidade que volve florecer devolveraa a Nápoles, onde a espera Lina, que agora é nai e ademais triunfou moi á súa maneira no negocio local. Elena é a señora culta, Lina é en aparencia a muller de barrio, ignorante e pouco disposta ao refinamiento, pero a intelixencia pura e a intuición están ao lado de Lina.

Os feitos precipítanse cando un bo día de súpeto, a filla de Lina desaparece: asasinato, rapto, morte? Ninguén sabe, e o barrio murmura. Desde entón, Lina xa non é a mesma e a tolemia axexa. Todo -os homes, as mulleres, a paisaxe, a cidade enteira de Nápoles- convértense en testemuñas do loito dunha nai que non sabe chorar e un bo día tamén desaparecerá, devolvendo ao lector ás primeiras páxinas desta espléndida saga.

Intelixencia, emoción contida, escritura que se prega aos acontecementos e axústase como unha luva á trama: todo está nestas páxinas onde se foi cosendo unha das obras máis brillantes do século XXI.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N FER niñ novidades vida cotiá