martes, 16 de febrero de 2016

Cuando estabamos vivos, de Mercedes de Vega

Nos albores da Segunda República, Lucía Oriol é unha nova esposa aristócrata nunha sociedade en plena transformación, cuxa vida dá un envorco cando coñece a Francisco Anglada, viúvo empresario de orixe xudía, que compra unha residencia á familia Oriol na rúa Pintor Rosales. O que comeza como unha tórrida aventura amorosa, enrédase cando aparece Jimena, a conflitiva filla de Francisco. A relación entre Jimena e Lucía, a dobre vida desta e o pasado oculto dos Anglada destaparán un bulebule de celos, vinganza e traizón dos que ninguén sairá indemne.

O amor de Lucía Oriol por un home atrapado no labirinto do pasado e a necesidade de contar a verdade e de facer xustiza, alimentan este retrato de dúas liñaxes, inspirado en feitos reais, nun Madrid convulsionado ao bordo da Guerra Civil.

Coa riqueza dunha sobresaliente prosista, Mercedes de Vega mergulla na nosa historia máis persoal para mostrar que en todas as familias escóndense segredos que poden resultar letais. "Cuando estabamos vivos" non é só a historia dunha muller que debe elixir entre a razón e o corazón, tamén é o fresco dunha época e dunha cidade que marcarán os destinos dos seus protagonistas.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N VEG cua novidades romántica