viernes, 15 de enero de 2016

Na sala de audiovisuais... La dama de oro

"La dama de oro" narra a historia real dunha muller que loita por recuperar o que é seu e resarcir á súa familia.

Tras fuxir de Viena sesenta anos atrás durante a Segunda Guerra Mundial, unha muller xudía chamada Maria Altmann (Helen Mirren) emprende unha viaxe para reclamar as posesións que os nazis confiscaron á súa familia, entre elas a soada obra de Gustav Klimt "Retrato de Adele Bloch-Bauer I".

O mozo avogado Randy Schoenberg (Ryan Reynolds) botará man do seu valor para suplir a súa falta de experiencia ao acompañala nesta loita que lles levará ata o corazón do goberno austriaco e a Corte Suprema de Estados Unidos. Polo camiño, Maria deberá enfrontarse ás terribles verdades do seu pasado.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA DAM novedades


(fuente: LaButaca)

No hay comentarios: