martes, 5 de enero de 2016

La isla de Alice, de Daniel Sánchez Arévalo

Cando Chris morre nun accidente de coche sospechosamente lonxe de onde debía estar, a vida da súa muller, Alice, cunha nena de seis anos e outra en camiño, se desmorona.

Incapaz de asumir a perda e co temor de que talvez a súa relación perfecta fose unha mentira, obsesiónase con descubrir de onde viña Chris e que segredo escondía. Reconstrúe a última viaxe do seu marido coa axuda das cámaras de seguridade dos establecementos por onde este pasara, ata chegar ao epicentro do misterio: Robin Island, en Cape Cod, Massachusetts, unha pequena e, só en aparencia, apracible illa que modifi cará profundamente a Alice mentres busca resposta á pregunta: Que facía Chris na illa?

"La isla de Alice" oscila entre o thriller e a viaxe emocional. Unha historia de superación e unha peripecia absorbente e cativadora.


Finalista do Premio Planeta 2015

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N SAN isl novidades intriga e misterio



No hay comentarios: