miércoles, 27 de enero de 2016

El secreto de la modelo extraviada, de Eduardo Mendoza

Na nova novela de Eduardo Mendoza, "El secreto de la modelo extraviada", o detective tolo que protagonizou "El misterio de la cripta embrujada", "El laberinto de las aceitunas" y recentemente "El enredo de la bolsa y la vida" lembra un caso aparentemente pechado dos oitenta e non cella no seu empeño de resolvelo máis de vinte anos despois. O detective máis divertido da narrativa española cóntanos aquí a súa dobre aventura:

«Para o que pasou boa parte da súa vida encerrado nun manicomio, aínda que sexa inxustamente, como é o meu caso, unha reacción absurda non ten nada de particular, aínda que iso supoña meterse en leas. A cuestión é que un incidente trivial tróuxome recordos e viaxei ao pasado (coa memoria, xa dixen que non estou tolo). Anos atrás vinme envolto nun asunto feo. Asasinaran a unha modelo e culpábanme a min. Por suposto, sen razón: unha modelo non faría caso a un tipo como eu nin asasinándoa. Simplemente, había un escuro enredo, estaba metida xente importante e pensaron que eu podía servir de cabeza de turco ou de coello de indias, ou como sexa que se chame o desgraciado que paga os pratos rotos. Para salvar o pelello tiven que recorrer ao meu enxeño e a métodos pouco convencionais e pedir axuda a persoas do meu círculo, non sempre recomendables. Non sei se saín ben parado do intento, pero saín. Agora todo aquilo xa é auga pasada. Con todo, un impulso fíxome volver sobre os meus pasos, percorrer os antigos escenarios, buscar ás persoas que foron protagonistas daquel escuro caso, e resolvelo por fin. Pero as cousas cambiaron. Non só as persoas e a forma de vivir, senón sobre todo a cidade. Naquela época, Barcelona era unha cochambre. Hoxe é a cidade máis visitada e admirada. Quen nolo ía a dicir! A Barcelona do presente non ten nada que ver coa Barcelona do pasado. Ou si?».


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MEN sec novidades intriga e misterio