miércoles, 30 de diciembre de 2015

Feliz 2016!



martes, 29 de diciembre de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Imos acabar esta semana tan cortiña desexándovos a todos un feliz 2016 e traendo as últimas novidades de non-ficción do ano. Se algún aínda anda sen regalos aquí igual atopades alguna idea! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



lunes, 28 de diciembre de 2015

El último adiós, de Kate Morton

Os pais do pequeno Theo nunca esquecerán a noite de 1933 en que tivo lugar a Festa de Verán. Esa fatídica noite desapareceu o neno sen deixar nin rastro, mentres se atopaban celebrando a festa nunha elegante casa de campo inglesa. Do ocorrido non se puido pescudar nada, a pesar dos grandes esforzos que realizou a policía respecto diso.

A familia de Theo, esnaquizada tras a traxedia e consumida pola incerteza, decide deixalo todo atrás, abandonar o seu fogar e comezar unha nova vida en Londres para non volver xamais.

Setenta anos máis tarde a inspectora da policía londiniense Sadie Sparrow, que está a pasar uns días na casa de campo do seu avó en Cornualles, tópase inesperadamente durante un dos seus paseos polo bosque cunha casa abandonada que chama a súa atención. A curiosidade provoca que mire por unha xanela, mentres no seu interior desátase a estraña intuición de que algún feito terrible sucedeu nesta casa. Sadie indagará sobre o enigma que se esconde nela e tirando do fío irá desvelando os segredos dunha historia familiar complexa, misteriosa e apaixonante.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MOR ult novidades intriga e misterio



miércoles, 23 de diciembre de 2015

Cinco beneficios da lectura


martes, 22 de diciembre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Caramuxo Teatro "Glub, Glub".
E con sesión dobre! Para que poidades desfrutar moitos nenos!

Espectáculo para bebés, onde se conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe xogueton chamado Glub Glub, unha montaxe chea de estímulos sonoros e visuais e cunha linguaxe sinxela case xestual,que introduce os mais novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para gozar cós nenos da primeira experiencia no mundo do teatro.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 nenos e 30 adultos por sesión).

Mañá, mércores 23, dúas sesións: ás 18:00 e 19:00 h. na Sala multiusos.


lunes, 21 de diciembre de 2015

Aviso: Pechado por festas


Os días 24, 25 e 31 de Decembro e 1 e 6 de Xaneiro
a Biblioteca permanecerá pechada.

Bo Nadal!


viernes, 18 de diciembre de 2015

Na sala de audiovisuais... La familia Bélier

Todos os membros da familia Bélier son sordomudos, excepto Paula, de 16 anos. Ela fai de intérprete para os seus pais, especialmente no que respecta ao funcionamento da granxa familiar. 

Un día, alentada polo seu profesor de música, que descubríu o seu talento para o canto, decide prepararse para a audición do Coro de Radio France, pero trátase dunha elección que a obrigará a distanciarse da súa familia

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: COMEDIA FAM novedades


(fuente: FilmAffinity)

Felices Festas a todos!!


jueves, 17 de diciembre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Soños de neve" con Escola Lucense de Tempo Libre.

Un obradoiro deseñado para o desenvolvemento da creatividade mediante o emprego de diferentes materiais, dando forma a diferentes agasallos pensados para o Nadal.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20-25 prazas).

Mañá, venres 18 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 16 de diciembre de 2015

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Veña, veña, que acaba o ano e aínda tedes moito por ler! Por si non tedes decidido cal será o voso último libro do 2015, aquí traemos as últimas novidades para rematar o ano. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



martes, 15 de diciembre de 2015

Os premiados do 2015


Sabemos que escoller un libro para regalar a un neno pode ser unha ardua tarefa... É por iso que queremos compartir con vós o noso boletín da sala infantil "Os premiados do 2015" onde podédes atopar ideas para rapaces de todas as idades, e son unha aposta segura xa que todos contan con algún premio literario. Desfrutade de grandes lecturas! 



lunes, 14 de diciembre de 2015

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 15, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 11 de diciembre de 2015

Na sala de audiovisuais... La casa del tejado rojo

En 1936, Taki deixa a súa familia no campo para ir traballar como criada nunha casa moderna cun tellado vermello a dúas augas nos arredores de Tokio, o tranquilo fogar da bondadosa Tokiko, o seu marido Masaka e o seu adorable fillo. Pero cando aparece Shoji Itakura, Tokiko sente irresistiblemente atraída por el. Taki é leal a Tokiko e coida da familia a pesar de ser consciente desa relación. Con todo, chega o momento en que debe tomar unha desgarradora decisión.

Sesenta anos despois, a anciá Taki escribe a historia da súa vida nun caderno, rememorando os días que viviu na casa do tellado vermello. Aléntaa a seguir o seu novo sobriño Takeshi, que espera impaciente que acabe cada capítulo para lelo. O tempo pasa e Taki morre. Mentres ordena as súas pertenzas, Takeshi atopa un sobre pechado sen destinatario, que lle empuxará a tentar descubrir a verdade dun segredo que Taki gardou ata a morte.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA CAS novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 10 de diciembre de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos a sesión de narración "Lendas de aquí e de acolá" con Beatriz Iglesias.

Lendas de diferentes ciudades e países que explican o porqué deste mundo. Como por exemplo, por qué as xirafas teñen o pescozo tan longo ou, por qué os saltóns hai moito, moito tempo se lles chamaba patilongos…


Estas e outras lendas fan unha grande historia para contar aquí ou acolá.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 11 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 9 de diciembre de 2015

Ready Player One, de Ernest Cline

Estamos no ano 2044 e, como o resto da humanidade, Wade Watts prefire mil veces o videoxogo de OASIS ao cada vez máis sombrío mundo real. Asegúrase que esconde as diabólicas pezas dun crebacabezas cuxa resolución conduce a unha fortuna incalculable. As claves do enigma están baseadas na cultura de finais do século XX e, durante anos, millóns de humanos tentaron dar con elas, sen éxito.

De súpeto, Wade logra resolver o primeiro crebacabezas do premio, e, a partir dese momento, debe competir contra miles de xogadores para conseguir o trofeo. A única forma de sobrevivir é gañar; pero para facelo terá que abandonar a súa existencia virtual e enfrontarse á vida e ao amor no mundo real, do que sempre tentou escapar.

A novela cibernética que inspirou a próxima gran produción de Warner Bross, a medio camiño entre Avatar e Matrix.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N CLI rea novidades ciencia ficción



lunes, 7 de diciembre de 2015

Mesa de conversa en inglés


O mércores 9 temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 4 de diciembre de 2015

Na sala de audiovisuais... El año más violento

Nova York, ano 1981 -segundo as estatísticas, o ano con máis crimes e atracos da historia na cidade-. O inmigrante hispano Abel Morais (Óscar Isaac) e a súa muller Anna (Jessica Chastain) conseguiron sacar adiante con éxito a súa empresa de distribución e venda de gasóleo.

Agora están a piques de lograr a última peza do seu soño americano: comprar un cotizado terreo fronte ao río Hudson, un enclave que lles permitirá expandirse no negocio e superar á súa competencia.

Pero a violencia que sofren no transporte dos seus camións e unha investigación policial ameazan con destruír todo o que lograron ata ese momento.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: SUSPENSE AÑO novedades


(fuente: FilmAffinity)

jueves, 3 de diciembre de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos sesión de narración con Sherezade Bardaji "Contos con olor a ceo azul".

Este encontró coa palabra é unha celebración… unha festa.
O inicio dun camino para construir xuntos.
E é que cando a palabra é concreta, divertida, xoguetona… é imparable.

Chéganos coma unha frecha, directa, e quédase a vivir en nós, se importar a idade que teñamos.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 4 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 2 de diciembre de 2015

El murmullo de las abejas, de Sofía Segovia

Unha mañá calquera un home de avanzada idade toma un taxi na cidade de Monterrey rumbo a Linares, a súa cidade natal. A viaxe só levará unhas horas, pero o vello fala e non para, coma se diante del despregásese todo o seu pasado. Así, o taxista e os lectores imos coñecer a historia dunha familia mexicana de terratenientes, os Morais Cortés, dende o principio do século XX ata hoxe.

De súpeto, no fluír das palabras, asoma o rostro amigo dun neno sabio que non pode falar, pero oe o que outros non saben ou non queren oír, e anda rodeado de abellas. Elas son as súas aliadas e as que saberán gardar os segredos do caserón de Linares, un lugar onde viven mulleres fermosas e tercas e as laranxas teñen un sabor especial. Incluso a morte é distinta en Linares, e o home sábeo. Por iso viaxa, fala, lembra...

"El murmullo de las abejas" lévanos a un mundo onde case todo é posible se aceptamos que o corpo ten máis de cinco sentidos. Sofía Segovia convídanos a aguzar a vista, a estar atentos, para cheirar o aire, ver máis aló do aparente e chegar a comprender o que de verdade importa.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N SEG mur novidades vida cotiá



martes, 1 de diciembre de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Invertir na Bolsa? Deseñar un logotipo? Cociñar unha tarta de cumpreanos? Descubrir o mundo dos bonsais? Todos isto e moito máis nas nosas novidades de non-ficción. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.