viernes, 30 de octubre de 2015

Mesa de conversa en inglés


O próximo martes 3 temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... A cambio de nada

Darío, un mozo de dezaseis anos, goza da vida xunto a Luismi, o seu veciño e amigo da alma. Manteñen unha amizade incondicional, coñécense desde que teñen uso de razón e xuntos descubriron todo o que saben da vida.

Darío sofre a separación dos seus pais e escápase de casa, fuxindo do seu inferno familiar. Comeza a traballar no taller de Caralimpia, un vello delincuente con envoltura de triunfador, que lle ensina o oficio e os beneficios da vida. Darío coñece a Antonia, unha anciá que recolle mobles abandonados co seu motocarrro e xunto a ela descobre outra forma de ver a vida. Luismi, Caralimpia e Antonia convértense na súa nova familia nun verán que lles cambiará a vida.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL ACA novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 29 de octubre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Chus Álvarez "Zeta, contiños para durmir".

Se Zzz é unha onomatopeia para representar o sono, a Zeta é a mellor pastilla-letra para durmir. Non hai berce coma un libro, non hai soños sen arrolos, non hai noites sen sorrir.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 30 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 28 de octubre de 2015

La vida soñada de Rachel Waring, de Stephen Benatar

Rachel Waring é unha muller feliz. Quizáis demasiado. Unha tía lonxana deixoulle unha herdanza nunha mansión georgiana en Bristol, e da noite á mañá decide rachar con todo. Sen pensalo dúas veces, deixa atrás a súa aburrida vida en Londres,despidese do seu traballo de oficinista e da súa deprimente compañeira de piso e transformase na muller que sempre quixo ser: devota do amor, a creatividade e a beleza, e sempre cunha canción nos beizos.

Instalada na súa casa nova, Rachel contrata os servizos dun atractivo xardiñeiro, empeza a escribir un libro e impresiona a todos cun optimismo case insano. Porén, a medida que Rachel se mergulla cada vez máis nun mundo de luxo e de praceres, a súa contorna comeza a cuestionar o excéntrico da súa conduta e o evedentemente doente da súa euforia.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BEN vid novidades vida cotiá


martes, 27 de octubre de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Outra semana e outra tanda de novidades. Economía, cocina, deportes, historia, política, todo tipo de temas para todo tipo de lectores. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



lunes, 26 de octubre de 2015

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 27, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 23 de octubre de 2015

VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral

Mañá a Biblioteca acolle a VIII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Nesta edición ó lema é "Sexo e obscenidade na literatura de tradición oral". Participarán especialistas na materia que van tratar e debater sobre estes temas desde diferentes puntos de vista así como analizar a súa presenza e supervivencia nos diferentes xéneros da literatura de tradición oral.

Coordinarán a xornada Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición oral da AELG, e Isidro Novo, vogal da AELG en Lugo.


Aquí vos deixamos a programación completa:

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia: Sexo e obscenidade na canción popular galega - Rubén Aramburu

11.30-12.30 Conferencia: Na cona da vella non manda ninguén - Olga Novo

12.30-14.00 Mesa redonda: E dálle que dálle! O erotismo como sátira fronte á represión social - Rubén Aramburo e Olga Novo. Coordina: Antonio Reigosa

16.00-17.00 Conferencia: A poética do noxo: excrementos e outras repugnancias na literatura oral galega - J. Luis Garrosa

17.00-18.00 Conferencia: Os contos eróticos galegos - Xosé Miranda e Xoán Cuba

18.00-19.30 Mesa redonda: Cuarta máis, cuarta menos! Escatoloxía, prexuízos e tabús - J. Luis Garrosa, Xosé Miranda e Xoán Cuba. Coordina: Isidro Novo

19.30-20.30 Ti contabas as estrelas, eu as areas do chan - Luís “O Caruncho”. Percorrido polo repertorio popular baseado en experiencias propias, cantigas, contos e romances.

Na sala de audiovisuais... Mr. Turner

"Mr. Turner" explora os últimos 25 anos da vida do excéntrico pintor inglés J.M.W. Turner (1775-1851). 

Profundamente afectado pola morte do seu pai, Turner intima coa dona dunha casa de hóspedes xunto ao mar, para acabar vivindo con ela de forma secreta en Chelsea, onde acabará os seus días.

Durante estes 25 anos, Turner dedícase a viaxar, pintar, pasar tempadas coa aristocracia na campiña inglesa e frecuentar bordeis.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA MRT novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 22 de octubre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Contando en viñetas" con Noemí López.

Constará dunha introdución breve do que é a banda deseñada e de cómo a tráves deste arte secuencial e usando imaxes (neste caso debuxo), efectos visuais e textos, podemos narrar unha historia.

Ademáis contarase un conto que os participantes adaptarán logo a unha serie de viñetas predeterminadas con diálogos tamén xa escritos.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 23 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 21 de octubre de 2015

Celebramos o Día da Biblioteca


Como xa sabedes cada 24 de outubro celebrase o Día da Biblioteca. Este ano coincide en sábado así que o celebraremos o venres 23.

Teremos visitas guiadas ás 12:00 e 19:00 h. para todos os que queirades coñecer como funciona por dentro a Biblioteca, e ás 18:00 h. o obradoiro "Contando en viñetas" para os máis pequenos, con Noemí López (é necesario inscribirse na Sala infantil).

Agardamos que pasedes un bo día!!

martes, 20 de octubre de 2015

Tierra de brumas, de Cristina López Barrio

Cando Valentina queda orfa aos once anos, vese obrigada a atravesar o océano desde a súa Habana natal á Galicia dos seus antepasados para quedar ao cargo da súa avoa, Bruna Mencía, marquesa de Novoa. A matriarca recíbea no seu solitario, decadente e majestuoso pazo e comeza a educala para convertela na herdeira da dinastía.

Valentina coñecerá a través de Bruna a convulsa historia da súa familia e como a salvaxe estirpe das mulleres Mencía, criadas pola natureza nas profundidades do bosque galego, uniuse á aristocrática dinastía dos Novoa, a máis rica da rexión. As historias de amor e poder entre ambas as familias, que perviviron durante moitos anos, marcarán o destino de Valentina, que terá que decidir se continúa ou non con esa liñaxe, estraño para ela, infestado de intrigas e culpas secretas.

Unha prodixiosa historia de tradición e modernidade, de civilización e barbarie, de espíritos e profecías, de grelos e camelias, de raíñas e santas, de meigas e lobas, na que os personaxes se debaten entre tomar os camiños escollidos para eles ou elixir libremente o seu propio destino. Unha marabillosa novela que recolle toda a maxia e o misterio dunha terra de lenda.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N LOP tie novidades



lunes, 19 de octubre de 2015

Mesa de conversa en inglés


Mañá, martes 20, temos unha nova Mesa de conversa en inglés

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Novidades no fondo de adultos: Ficción


Como nos gustan as novidades!! Un montón de novas historias para desfrutar a todas horas. Despois de tanta festa toca un pouco de descanso en casiña cun bo libro ao carón. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



viernes, 16 de octubre de 2015

Na sala de audiovisuais... Kingsman: Servicio secreto

O director Matthew Vaughn ('Kick-Ass: Listo para machacar', 'X-Men: Primera Generación') adapta o novo cómic do guionista escocés Mark Millar.

Dentro do estilo característico da adaptación dunha historia gráfica, "Kingsman: Servicio secreto" conta a historia dun delincuente adolescente que se move polos barrios baixos de Londres e que pronto verá que a súa vida dá un xiro de 180 graos grazas á axuda dun misterioso home. De criminal pasa, case inexplicablemente, a atoparse na lista dos espías máis importantes do pais: protexendo en segredo as rúas que antes usaba únicamente no seu beneficio propio.

O filme conta cunha repartición de luxo entre os que se atopan Colin Firth, Samuel L. Jackson, Michael Caine e Mark Strong.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: AVENTURAS KIN novedades


(fuente: Sensacine)

jueves, 15 de octubre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos a Trécola Teatro con "Exploradoras".

Dúas exploradoras, despois das súas longas viaxes, quedan de reecontrarse no lugar que elas ben saben e a hora que xa saben para intercambiar historias das súas aventuras.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 16 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 14 de octubre de 2015

Taller Baby Nenoos


Taller dunha hora, no que se farán actividades dos tres enfoques de desenvolvemento do neno/a:

- Mind (cognitivo) a través de xogos pedagóxicos como o tangram e o ábaco soroban.
- Body (kinestésico) a través de Bran Gym e Ioga.
Emotion (educación emocional) a través de recoñecemento de emocións básicas e role playing.

Unha actividade para nen@s de 3 a 13 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (8 prazas para nenos de 3, 4 e 5 anos; e 10 prazas para nenos de 6 anos en adiante)

Este venres 16 ás 19:00 h. na Sala multiusos.


martes, 13 de octubre de 2015

Una pasión rusa, de Reyes Monforte

Impredicible, bellísima e dotada dun fondo sentimento, como a música composta polo xenial Serguéi Prokófiev, así era Lina, a súa musa, a súa amante e a súa esposa.

Nada en Madrid en 1897, con apenas 20 anos namorouse perdidamente do que sería o seu marido, do home e tamén do xenio. «A princesa Linette», «a miña Avecilla», como a chamaba Prokófiev, comezou xunto ao compositor a vertixinosa andaina que dá corpo a esta novela, que transcorre nos grandes escenarios do século XX, desde o Nova York dos rañaceos, ao París das vangardas e o glamour, onde a parella formaba parte do círculo máis exclusivo de intelectuais e artistas: Coco Chanel, Hemingway, Picasso, Matisse, Ravel, Diáguilev...

Os anos transcorreron luminosos ata que Prokófiev decidiu regresar á Unión Soviética, onde pretendía consagrar o éxito cultivado no resto do mundo. Alí, tras os dramáticos tempos da Segunda Guerra Mundial, Lina foi acusada de «espía estranxeira» baixo o terror estalinista, encerrada e torturada na sinistra Lubianka e condenada a traballos forzados no gulag. Só a súa fortaleza, a súa paixón pola vida e o amor indestructible que sentía polo seu marido permitíronlle sobrevivir.


Premio de Novela Histórica Alfonso X El Sabio 2015.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MON pas novidades histórica


Curso "Iniciación á informática"


Empezamos os cursos desta nova tempada cunha nova edición do noso curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador con soltura.

Terá lugar do 20 ao 27 de outubro, de 17:30 a 19:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Nocións básicas
- Escritorio de Windows, rato e teclado: utilidades
- Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús
- Procesador de textos
- Barra de ferramentas: elementos básicos
- Modificación de textos

O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


viernes, 9 de octubre de 2015

Mesa de conversa en inglés



Comenzamos unha nova tempada e temos de volta as mesas de conversa en inglés.

O próximo martes 13 vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Samba

Fai dez anos que Samba chegou a Francia desde Senegal, e desde entón tivo varios empregos humildes. Alice é unha executiva que está a pasar por un mal momento e sofre de esgotamento. Ambos loitan por saír do seu particular labirinto. Mentres Samba está disposto a facer o que sexa necesario para conseguir os papeis, o que Alice tenta é recuperar a súa vida. Ao final, o destino fai que os seus camiños crúcense.

Os directores de "Intocable" volven contar unha historia sobre dous estraños que poderían atopar xuntos a senda da felicidade.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: COMEDIA SAM novedades


(fuente: Filmaffinity)

jueves, 8 de octubre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o contacontos "Un mundo cheo de cores" con Fátima Fernández.

Os contos están cheos de cores diferentes e cada un deles ten un sentimento que imos atopar. O amarelo a ledicia e o pitiño ledo porque quenta o sol…

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas).

Mañá, venres 9 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 7 de octubre de 2015

Soy Pilgrim, de Terry Hayes

Nunha praza pública de Arabia Saudita, un home é ajusticiado baixo un sol abrasador e un mozo de catorce anos observa impotente entre o xentío: é o seu fillo. Nun lúgubre hotel de Manhattan, aparece o corpo sen vida dunha muller nova e todos os indicios para identificala foron eliminados minuciosamente. Nun vertedoiro de Damasco, un destacado experto sirio en biotecnoloxía é atopado con evidentes signos de tortura. Nunha remota rexión de Afganistán, o achado dunha sustancia bacteriológica letal nos restos duns cooperantes internacionais desata a alarma.

Unha liña invisible conecta todos estes feitos, debuxando un plan perfecto para cometer un monstruoso crime contra a humanidade, e a única persoa capaz de impedilo é un ex axente que foxe do seu pasado e borrou a súa identidade: agora só responde o nome de Pilgrim, o peregrino. Esta é a historia dunha carreira trepidante contra o tempo e, sobre todo, contra un inimigo sofisticado e implacabl

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N HAY soy novidades intriga e misterio




martes, 6 de octubre de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Comenzamos a semana con enerxía e cunhas cantas novidades máis, esta vez de non-ficción. Temas tan curiosos como aprender a ser marido, planificar unha excursión coa familia ou aprender a ser parisina sen selo están entre elas. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.