miércoles, 30 de septiembre de 2015

Camisetas para os máis lectores

Hoxe descubrimos esta web, Human, onde poden atoparse todo tipo de camisetas, sudaderas e accesorios con slogans sobre o mundo lector, e para todas as idades! Aquí vos deixamos algúns dos que máis nos gustaron. Un regalo do máis orixinal.





martes, 29 de septiembre de 2015

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa metidos no outono e có San Froilán á volta da esquina, traemos unhas cantas novidades de ficción. Se atopades un oco entre concertos, festa e pratos de pulpo, acercádevos ata a biblioteca e atoparédes novelas do máis interesantes. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.


lunes, 28 de septiembre de 2015

Aviso: Pechamos o sábado 3


O próximo sábado 3 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinfectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.

Tamén recordarvos que o luns 5, San Froilán, non abrimos.


Mañana puede ser un gran día, de Betty Smith

Estamos en Brooklyn e corren os anos vinte. A nena que coñecemos en "Un árbol crece en Brooklyn", a primeira novela de Betty Smith, é agora unha nova muller de nome Margie, decidida a escapar da pobreza e mediocridade que a rodean na súa casa, onde os días transcorren entre as horas de oficina, as queixas dunha nai dominante e os xestos tímidos dun pai derrotado pola falta de ambición e cariño.

Margie soña mentres camiña polas rúas frías do seu barrio, pero finalmente os vellos costumes se impoñen: só o matrimonio e o goberno dunha casa propia podían ofrecer a unha muller daqueles tempos certa marxe de liberdade, e así a moza cásase con Frankie Malone, un home que ten pouco que contar e moito que esconder...

Esta historia, a de tantas parellas que calaron a principios do século XX, cobra sentido grazas ao talento de Betty Smith, ás súas ganas de falar e mostrar os fíos rotos con que se teceu o gran sono americano.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N SMI mañ novidades vida cotiá



viernes, 25 de septiembre de 2015

Un viaje de diez metros - XXXVII Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Un viaje de diez metros", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Hassan Haji coñece o mundo da restauración desde moi pequeno, cando o seu avó rexentaba o restaurante xusto debaixo da súa casa na cidade de Bombai. Cada día o cheiro a curry e a especias subía para encher toda a casa dese aroma tan peculiar e agradable. Agora é o seu neto, Hassan, quen dirixe o restaurante, pero unha inesperada traxedia empúxalle a el e á súa familia para buscar un novo local para o negocio e unha casa nun pobo dos Alpes franceses.
A chegada da familia india provocará nos veciños toda unha revolución e máis aínda na súa competencia, Lle Saule Pleureur, un sofisticado local de hostalería que dirixe a coñecida e prestixiosa chef madame Mallory.



jueves, 24 de septiembre de 2015

Brasserie Romantic- XXXVII Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Brasserie Romantic", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: A Brasserie é un restaurante que está dirixido por Pascaline e o seu irmán Angelo, o chef principal. Na noite de San Valentín, o restaurante está cheo e moitas parellas reservaron mesa para esa noite especial. Con todo, nada sucede como está previsto tanto no restaurante como entre os fogóns. Fórmanse parellas pero tamén se dividen, é unha noite onde todo sae á luz.



Mañá na Biblioteca...

 
Temos a sesión de narración "Xogando cos contos".

A liña da narración vai aderezada nesta sesión con xogos e cancións nos que o público funciona coma personaxe coral guiado pola contadora.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 25 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 23 de septiembre de 2015

Novo Club de Lectura de Cómic


Estómago - XXXVII Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Estómago", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: O mundo componse dos que comen e os que son comidos. Raimundo Nonato, o protagonista, atopou unha vía alternativa: dedícase a cociñar. Primeiro cociña no bar, logo nun restaurante italiano e, anualmente, no cárcere. Pero, como é que terminou no cárcere? Raimundo cociña mentres aprende a defenderse e descobre unha serie de normas que utiliza en beneficio propio: antes ou despois o cociñeiro tamén quere a súa ración e ninguén mellor que el sabe que porcións son as máis ricas. "Estómago" é un conto para adultos que aborda os temas do poder, o sexo e a gastronomía.



martes, 22 de septiembre de 2015

Como auga para chocolate - XXXVII Semana de Cine de Lugo

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Como agua para chocolate", dentro do ciclo "E para comer... Lugo" da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Historia de amor e gastronomía ambientada en México a principios do século XX. Dous mozos locamente namorados, Tita e Pedro, teñen que renunciar ao seu amor porque Mamá Elena decide que Tita, por ser a menor das súas fillas, debe quedar solteira para coidala na súa vellez. Entre os cheiros e sabores da cociña tradicional mexicana, Tita sufrirá durante moitos anos por un amor que perdurará máis aló do tempo.



lunes, 21 de septiembre de 2015

La ley de los justos, de Chufo Lloréns

A finais do século XIX, Barcelona vive unha época de esplendor. Acaba de celebrarse con grande éxito a Exposición Universal e unha burguesía próspera e culta, que busca inspiración nos salóns parisienses, exhibe a súa elegancia en festas e reunións musicais. Pero ao outro lado da cidade, onde as rúas estreitan e cheiran a pobreza, o rancor e a inxustiza están a fraguar unha revolución capaz de recorrer á violencia máis descarnada. Neste ambiente cargado de desconfianza e temor, Candea e Juan Pedro, procedentes de clases sociais moi distintas, terán que enfrontarse aos prexuízos duns e outros para defender o seu amor.

Coa habilidade dos grandes mestres da novela histórica, Chufo Lloréns tece un tapiz xeográfico e humano apaixonante. A súa pluma áxil e perspicaz condúcenos dende os luxosos reservados do teatro do Liceo ata os lóbregos sotos onde se tramaban as conxuras anarquistas. Obreiros agraviados, herdeiros indolentes, mulleres de mala vida e indianos con fortuna mestúranse neste retrato colorido e veraz dunha Barcelona luminosa e moderna, pero tamén axitada e perigosa.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N LLO ley novidades histórica



viernes, 18 de septiembre de 2015

Na sala de audiovisuais... Siempre Alice

Alice Howland (Julianne Moore) está orgullosa da vida que tanto esforzo lle custou construír. Aos cincuenta, é profesora de psicoloxía cognitiva en Harvard e unha experta lingüista de fama mundial, cun marido exitoso e tres fillos adultos.

Cando empeza a sentirse desorientada, un tráxico diagnóstico cambia a súa vida, ao tempo que a súa relación coa súa familia e co mundo, para sempre. Con elegancia e delicadeza, a autora achéganos aos sentimentos dos que padecen alzhéimer e as súas familias. 

Gañadora dos premios Oscar, Globo de Oro e BAFTA á Mellor actriz principal.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA SIE novedades


(fuente: Filmaffinity)

jueves, 17 de septiembre de 2015

Mañá na Biblioteca...

 
Temos o obradoiro "Aprendiz de oleiro" da man da Escola Lucense de Tempo Libre.

Un taller de olería dinámico e participativo para nenos/as, no que os participantes crearán a súa propia peza artesá personalizada coas indicacións do monitor, e ademais terán a oportunidade de manexar un auténtico torno oleiro.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 18 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 16 de septiembre de 2015

XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo


Un ano máis participamos da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, proxectando películas entre os días 22 e 25 de setembro.

A entrada é gratuita, e coma noutras ocasións o ciclo está dedicado á gastronomía no cine, co título "E para comer... Lugo"As proxeccións serán ás 20:00 h. no Salón de Actos.

Aquí vos deixamos a programación:

Martes 2220.00 h. - Como agua para chocolate (1992)


Mércores 2320.00 h. - Estómago (2007)


Xoves 24 20.00 h. - Brasserie Romantic (2012)


Venres 25 20.00 h. - Un viaje de diez metros (2014)



martes, 15 de septiembre de 2015

A cita da semana



lunes, 14 de septiembre de 2015

El amante japonés, de Isabel Allende

A historia de amor entre a nova Alma Velasco e o xardineiro xaponés Ichimei conduce o lector por un percorrido a través de diversos escenarios que van dende a Polonia da Segunda Guerra Mundial ata o San Francisco dos nosos días

«Aos vinte e dous anos, sospeitando que tiñan o tempo contado, Ichimei e Alma atragoáronse de amor para consumilo enteiro, pero mentres máis intentaban esgotalo, máis imprudente era o desexo, e quen diga que todo lume se apaga só tarde ou cedo, se equivoca: hai paixóns que son incendios ata que as afoga o destino dun golpe e aínda así quedan brasas quentes listas para arder apenas se lles dá osíxeno.»


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N ALL ama novidades romántica





viernes, 11 de septiembre de 2015

Na sala de audiovisuais... Invencible

Angelina Jolie dirixe "Invencible (Unbroken)" filme que se basea na novela do mesmo título de Laura Hillenbrand.

A obra describe a incrible historia do heroe de guerra Louis Zamperini, que xunto a outros dous membros da súa tripulación sobreviviu 47 días nunha balsa despois de que o seu avión caese ao mar durante a II Guerra Mundial, para rematar en mans da Mariña xaponesa internado nun campo de prisioneiros de guerra.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA INV novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 10 de septiembre de 2015

Mañá na Biblioteca...

 

Temos a sesión de narración "Pekecontos" con Marisa Irimia.

Contos, cantos, sons e risas que os farán disfrutar e que os iniciarán no máxico camiño dos relatos e as historias.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 11 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 9 de septiembre de 2015

Afinando o oído...


... có último disco de Sés, a novedosa cantautora galega. Segundo a súa web, o seu traballo "Tronzar os valos" "suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate. Estamos en tempo de Tronzar os valos, de responder con música e ideas, con ilusión contra o abatemento". Música galega ao 100%

Podédes atopalo na Biblioteca co rótulo: M. GALLEGA SES novedades




martes, 8 de septiembre de 2015

Tediosa rutina...

Se a pasada semana falabamos dos cativos e a volta á escola, ben sabemos que para os adultos a volta á rutina diaria non é moito mellor. O traballo, o cambio de clima, botar de menos esa brisiña na praia... Pero non hai problema, se vides pola biblioteca temos uns cantos libros para liberar tensións e despexar a mente.



lunes, 7 de septiembre de 2015

Medio rey, de Joe Abercrombie

Yarvi, o fillo menor do rei, naceu cunha malformación nunha man que levou a todo o mundo, mesmo ao seu propio pai, a consideralo medio «home». Por iso, en lugar de formarse como guerreiro, ao igual que o resto de varóns da súa estirpe, dedicouse a estudar para converterse nun dos clérigos do reino. Non obstante, na véspera da última proba para ingresar nesta poderosa orde de sabios, a Yarvi chégalle a noticia de que o seu pai e o seu irmán foron asasinados. El é o novo rei.

Pero tras unha terrible traizón ás mans dos seus seres queridos, Yarvi encontrarase só nun mundo rexido pola forza física e os corazóns fríos. Incapaz de levar armadura ou de levantar un machado, deberá afiar e agudizar a súa mente. Cando se xuntan á súa arredor unha estraña irmandade de almas perdidas, descubrirá que eses compañeiros inesperados talvez poidan axudalo a converterse no home que quere ser.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N ABE med novidades fantástico





viernes, 4 de septiembre de 2015

Na sala de audiovisuais... Ex Machina

"Ex machina" é un thriller psicolóxico de ciencia-ficción que conta a historia de Caleb, un mozo programador que traballa nunha das maiores empresas de Internet do mundo. Tras gañar un concurso da compañía, prepárase para realizar unha viaxe que o levará a coñecer o misterioso e solitario director executivo da empresa, Nathan.

Ao chegar á remota residencia, Caleb descobre que deberá participar nun experimento tan estraño como fascinante que consiste en convivir coa primeira intelixencia artificial auténtica xamais creada, encerrada no corpo dunha preciosa robot.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: C. FICCIÓN EXM novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 3 de septiembre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de animación á lectura con Iago López "Augusta e os seus medos".

Augusta vive cos seus pais nunha casa moi pequeniña cerca do aeroporto…

pero a Augusta non lle gustan os avións… 
porque lle dan medo.
Pero tamén lle dan medo os animais… 
as caixas… 
as avespas do xardín.
Augusta ten medo a moitas cousas. 

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 4 ás 18:00 h. na Ludoteca.