lunes, 31 de agosto de 2015

Ve y pon un centinela, de Harper Lee

"Ve y pon un centinela" representa o evento literario do verán de 2015. A publicación do primeiro traballo de Harper Lee, a recoñecida autora do best seller gañador do Premio Pulitzer "Matar a un ruiseñor". Orixinalmente a novela foi escrita a mediados dos anos 50, e presentada aos seus editores antes de "Matar a un ruiseñor". O manuscrito permaneceu oculto ata o seu descubrimento a finais de 2014.

Este libro conta con moitos dos personaxes da anterior novela, uns vinte anos máis tarde. Ao regresar ao seu fogar en Maycomb para visitar o seu pai, Jean Louise Li Finch -Scout- loita con problemas persoais e políticos, que involucran a Atticus, á sociedade que a rodea e ao pequeno pobo de Alabama que a viu nacer.


Ao explorar como os personaxes de "Matar a un ruiseñor" se adaptan aos turbulentos acontecementos que transforman Estados Unidos a mediados de 1950, este libro proxecta unha nova e fascinante luz sobre o clásico de Harpper Lee. Conmovedora, divertida e convincente, eríxese como unha magnífica novela por si soa.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N LEE vey novidades vida cotiá





viernes, 28 de agosto de 2015

Voltamos ao noso horario

Dende o próximo martes 1 de setembro voltamos ao noso horario habitual:

Luns a venres: de 9 a 21 horas

Sábados: de 10 a 14 horas


Na sala de audiovisuais... Las ovejas no pierden el tren

Luisa e Alberto víronse abocados a irse a vivir ao campo, pero a idílica vida rural deseguida empezará a mostrar a súa cara menos amable. A pesar de que a parella non atravesa polos seus mellores momentos, Luisa está obsesionada con ter un segundo fillo.

Quen nin se formula pisar o campo é Juan, o irmán de Alberto, quen con 45 anos e xornalista en horas baixas, sae con Natalia, unha moza entusiasta de 25 anos na que ve unha táboa de salvación, aínda que non previse as loucuras propias da súa idade.

Pola súa banda, a irmá de Luisa, Sara, está afeita a canalizar a súa ansiedade a través dos homes, cos cales non acaba de encaixar, ata que aparece Paco, un xornalista deportivo que parece mesmo disposto a levala ao altar, ou iso cre ela...

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL OVE novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 27 de agosto de 2015

A cita da semana


miércoles, 26 de agosto de 2015

Blitz, de David Trueba

Blitz podería ser unha traxicomedia romántica. Pero como ese xénero non existe, estamos invitados a ignorar as etiquetas e centrarnos de xeito apaixonado na peripecia dos personaxes. En especial de Beto, un novo arquitecto paisaxista, que chega ás costas de Múnic no medio dun naufraxio vital e sentimental. Invitado a participar nun concurso que podería solucionar as súas perspectivas de futuro, chegou acompañado pola súa noiva. Pero, case ao instante, a súa estanza en Alemaña converterase nunha comedia humana. Baixo o fulgor dun lóstrego, que é exactamente o que significa a palabra blitz, terá que afrontar un cambio de vida e de ideais.

Chea de emotivas instantáneas do amor perdido, baixo unha escritura afiada polo sentido do humor, os personaxes parecen deslizarse dentro dun reloxo de area. Porque será a reflexión sobre discorrer do tempo o que conduza ao protagonista cara a unha muller doutra idade, Helga, nun encontro interxeracional que é o corazón do relato. Pegado aos pensamentos de Beto, o lector non deixará de preguntarse a cada momento polo que lle espera na páxina seguinte. E agora que?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N TRU bli novidades vida cotiá



martes, 25 de agosto de 2015

O xoves na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Artellar" con Cucarandainas.

Obradoiro de manualidades onde dunha forma creativa e instrutiva, fomentarase a creatividade e o desenrolo da comprensión espacial e da motricidade.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

xoves 27 ás 12:00 h. na Sala multiusos.


lunes, 24 de agosto de 2015

Afinando o oído...


... coa inesquecible voz da tristemente desaparecida Amy Winehouse e o seu álbum debut "Frank". Un disco que foi a súa carta de presentación e non pasou desapercibido, xa que a súa impoñente voz, tan especial, unida a un novo sonido cun pouco de soul, jazz, blues e r&b, todo mesturado, e cunha estética peculiar no vestir acabaron facendo dela todo un icono. 

Podédes atopalo na Biblioteca co rótulo:  JAZZ WIN




viernes, 21 de agosto de 2015

Na sala de audiovisuais... El francotirador

Chris Kyle é o francotirador máis letal da historia do exército dos Estados Unidos. Pero hai algo máis nel á parte de ser un bo tirador. O marine do grupo de operacións especiais da Mariña de Estados Unidos, Chris Kyle, é enviado a Iraq cunha soa misión: protexer os seus compañeiros de exército. A súa precisión milimétrica salva incontables vidas no campo de batalla e, a medida que se estenden as súas valentes fazañas, gaña o alcume de Lenda.

Non obstante, a súa reputación tamén crece detrás das liñas inimigas, de maneira que poñen prezo á súa cabeza e se converte en obxectivo prioritario dos insurxentes. Tamén se está a enfrontar a outra batalla na casa: ser un bo marido e pai dende o outro lado do mundo.

A pesar do perigo, e do prezo que, debido á súa actividade, ten que pagar a súa familia no seu país, Chris serve durante catro angustiosas misións en Iraq, personificando o emblema do credo dos SEAL: "non" deixar "ningún home atrás". Pero ao volver á súa casa, coa súa muller e cos seus fillos, Chris descobre que o que non pode deixar atrás é a guerra

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: BELICO FRA novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 20 de agosto de 2015

Un árbol caído, de Rafael Reig

En 1979, un grupo de familias amigas, reunidas no club social de El Tomillar, comentan a volta dun vello coñecido, Luis Lamana, que vai trastornar a vida da urbanización. Todos se coñecen por militar en partidos antifranquistas, e porque algúns formaron parte da mesma célula. Vinte e cinco anos despois, o fillo dun deles, Julián, Johnny para os amigos, proponse reconstruír que foi deles, dos seus fillos, das súas exitosas carreiras profesionais posteriores, algúns afiliados a partidos, outros traballando en grandes empresas ou probando carreira literaria.

Mentres conta os destinos das familias e dos seus descendentes, Julián quere entender moitos puntos escuros: quen delatou a súa nai e outros nos anos sesenta, por que regresou Lamana nese preciso ano, como romperon aqueles momentos de expectativa e aparente felicidade no 79, e por que el e os seus amigos non lograron encontrar o seu lugar no mundo.

Nas súas pescudas, Julián, ademais, vai debullando unha partida de xadrez que encontrou anotada nun caderno, unha partida, que xogaron unha tarde de primavera dese ano Alejandro Urrutia e Pablo Poveda. Como metáfora das decisións, os triunfos e as derrotas dun grupo de amigos, tal vez dun país.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N REI arb novidades vida cotiá



miércoles, 19 de agosto de 2015

A cita da semana


martes, 18 de agosto de 2015

Unha cervexa ben fría por favor!

Durante o verán a cervexa é unha das bebidas con máis éxito. Según estudos o seu consumo moderado prevén de enfermidades cardiovasculares, óseas e neurodexenerativas, e últimamente está a ter moito tirón o mundo da cervexa artesá. Para todos aqueles que sexades apaixoados deste mundo ou que simplemente queirades coñecer algo máis, unha selección de libros sobre o mundo do lúpulo ;)



lunes, 17 de agosto de 2015

O xoves na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Escola de maxia" con Asociación Lucense de Tempo Libre.

Visita esta especial escola!

Os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos; rescatando ao mago que todos levamos dentro.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

xoves 20 ás 12:00 h. na Sala multiusos.


viernes, 14 de agosto de 2015

Na sala de audiovisuais... Los fenómenos

Neneta é unha muller que vive nunha furgoneta dende hai tres anos na costa de Almería e ve como a súa parella, 'Lobo', desaparece xusto o día no que ía empezar a traballar. Ela ten que recoller o campamento e volverse co seu bebé na furgoneta ao seu pobo natal, en Ferrol.

Ao regresar todo son dificultades, non logra encontrar traballo e ten que seguir vivindo na furgoneta ata que consegue un posto de peón na construción. Sofre a dureza do traballo e o feito de ser muller nun oficio de homes, pero consegue sobrepoñerse con coraxe e en compañía da súa cuadrilla empezan a ser coñecidos polo construtor como 'Os fenómenos' pola súa capacidade para levantar metros cadrados construídos.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL FEM novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 13 de agosto de 2015

Correr, correr, correr...

Parece que algo tan antigo como correr está máis de moda ca nunca. É un gran xeito de practicar deporte, manterse en forma e gozar ao aire libre, ademais de ser totalmente gratis. Se estades a pensar en unirvos á febre "running" aquí tedes algúns títulos sobre o tema.



miércoles, 12 de agosto de 2015

Afinando o oído...


... con "Lágrimas Negras", grande e inesquecible colaboración entre dous grandes músicos de raza, Bebo Valdés e Diego O Cigala. Un disco de éxito internacional que gañou un Grammy, tres Premios de la Música, un Premio Ondas, cinco Premios Amigo, e considerado como mellor disco do ano polo New York Times. Unha fusión perfecta entre os ritmos cubanos e o sentir flamenco.

Podédes atopalo na Biblioteca co rótulo:  M. MUNDO VAL




martes, 11 de agosto de 2015

Todos mis futuros son contigo, de Marwan

"Todos mis futuros son contigo" é unha autopsia emocional en toda regra, o diario sorprendido de alguén que tropeza cos seus sentimentos e, asombrado, os comprende de inmediato. En ocasións pode que dubides de se é poesía, prosa poética ou frases lanzadas dende o fondo do corazón. Non queda claro. O que está claro é que non che vai quedar ningún sentido intacto tras a súa lectura.

Aquí hai poemas de amor, hai poemas que van dende o apego máis romántico e suicida a outros que aseguran que o amor non é unha forma de queimarse, senón un modo de tender pontes entre dúas almas para que a felicidade poida cruzar a pé dun corazón ao outro. Tamén hai desamor. Sexa como sexa, amor ou desamor, veraste reflectido en cada liña.


Hai poemas que perseguen a xustiza social coa mesma determinación con que certos gobernantes esmagan aos pobos, hai caídas, hai desvelos, homenaxes, viaxes ao interior, homes que non conseguen dar consigo e homes que se escriben a si mesmos as cartas de amor que sempre se negaron.
Vida, vida estalando en cada verso.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: P MAR tod novidades




lunes, 10 de agosto de 2015

Celebra con nós o día da #biblioteca!


O ano pasado xa participamos desta iniciativa, e neste non queriamos ser menos! Hoxe é o día no que a #biblioteca ten que ser "trending topic" para dar a coñecer a nosa labor e noso valor para a sociedade. Agora mesmo xa está posicionada en 3º lugar nos trending topics de España.

Dende aquí convidámosvos a participar da iniciativa e tuiteedes con este hagstag o que máis vos apeteza: fotos orixinais, frases relacionadas cós libros e as bibliotecas, recomendacións de lecturas... todo vale para facer visible por un día a labor das bibliotecas.


O xoves na Biblioteca...

Temos sesión de narración con Lerenda "Un saco cheo de contos".

Contos para pequenos e non tan pequenos,

contos metidos nun saco, contos que queren saír.
Contos de risa e de medo.
Contos que queren saltar.
Contos... para escoitar e contar.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

xoves 13 ás 12:00 h. na Ludoteca.


viernes, 7 de agosto de 2015

Na sala de audiovisuais... Corazones de acero

Abril, 1945. Mentres os Aliados inician a súa ofensiva final na fronte europea, un aguerrido sarxento de artillaría chamado Wardaddy (Brad Pitt) encóntrase ao mando dun tanque Sherman e dos cinco homes que compoñen a súa dotación, nunha misión mortal detrás das liñas inimigas.

Superados en número e en armamento, e cun soldado novato metido nas súas filas, Wardaddy e os seus homes terano todo en contra no seu heroico intento de lanzar un ataque en pleno corazón da Alemaña Nazi.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: BELICO COR novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 6 de agosto de 2015

Ilustrando o día a día

Toda unha nova xeración de ilustradoras ven de invadir o mundo editorial gracias a saber reflectir a vida cotiá con frescor e moito, moito humor. Aquí, algún dos libros que podédes atopar na biblioteca e desfrutar un rato coas aventuras e desventuras dos seus protagonistas.



miércoles, 5 de agosto de 2015

A cita da semana



martes, 4 de agosto de 2015

Afinando o oído...


... co primeiro disco do británico Sam Smith "In the lonely hour", unha exitosa mezcla de soul, pop e r&b cunha voz excepcional, calificado como "o Adele home". Este traballo foi gañador do premio Grammy 2015 ao Mellor álbum de pop vocal. Agardamos con ganas os seus próximos traballos!  

Podédes atopalo na Biblioteca co rótulo:  POP-ROCK I. SMI




lunes, 3 de agosto de 2015

Persona: los rostros de Victoria Bergman, de Arik Axl Sund

A psicoterapeuta Sofia Zetterlund está a tratar dous pacientes especialmente difíciles: Samuel Bai, un neno soldado de Serra Leoa, e Victoria Bergman, unha muller de mediana idade cun profundo trauma infantil.

Entre tanto, o corpo mutilado dun mozo aparece nun parque do centro de Estocolmo. Sufriu terribles abusos? Quen é o mozo de orixe estranxeira? En primeira instancia, a policía dálle pouca prioridade ao caso. Non obstante, moi pronto ten lugar outro asasinato de características similares que fai pensar que talvez se trate dun asasino en serie.

A inspectora Kihlberg e a terapeuta Zetterlund veranse formando equipo na resolución deste e outros casos. A medida que a súa relación estreita, terán que enfrontarse ás mesmas preguntas: como é posible que nunha persoa afloren semellantes trazos de inhumanidade?, cando é a vítima a que se converte en depredador?


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N SUN per novidades intriga e misterio