viernes, 31 de julio de 2015

Na sala de audiovisuais... Musarañas

España, anos cincuenta. Montse xa non é nova, perdeu a súa xuventude coidando da súa irmá pequena, encerradas nun sinistro piso do centro de Madrid. A súa nai morreu no parto da pequena, e o pai non puido soportalo. Fuxiu covardemente deixándoas soas. Obrigada a ser pai, nai e irmá maior, Montse escóndese da vida, entre catro paredes, alimentando un temperamento obsesivo e desequilibrado: padece de agorafobia, e non pode dar un paso fóra de casa.

Ela non entende o que lle sucede, e o sufrimento que esa estraña enfermidade lle xera obrígaa a refuxiarse nun mundo de oracións e avemarías. Montse traballa de costureira e o único nexo de unión coa realidade é a nena, unha nena que está deixando de selo. Un día, esa cadea rompe: Carlos, un veciño novo e irresponsable, ten a desgracia de caer pola escaleiras buscando axuda na única porta á que foi capaz de arrastrarse. Montse recólleo. Alguén entrou no tobo das musarañas, pode que non volva saír...

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL MUS novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 30 de julio de 2015

La casa de las miniaturas, de Jessie Burton

Un día de outono de 1686, unha moza de dezaoito anos chama á porta dunha casa señorial no barrio máis acomodado de Ámsterdam. Nella Oortman trasladouse do campo á cidade para convivir co seu marido, Johannes Brandt, un home maduro e distinguido comerciante que habita na mansión en compañía da súa irmá solteira e rodeouse de fieis servidores.

Como regalo de voda, Johannes obsequia a súa flamante esposa un obxecto moi de moda entre a xente podente da época: unha réplica da súa propia casa en miniatura, que Nella deberá poboar coas figuras creadas por unha descoñecida miniaturista que encontrou por azar.

Non obstante, pouco a pouco, o amable pasatempo irase transformando na clave dunha serie de inquietantes revelacións que conducirán a Nella a desenmascarar os segredos máis escuros dos actuais moradores da casa -incluído o seu marido-, botando luz sobre os perigos que ameazan a supervivencia da súa nova familia.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BUR cas novidades histórica



miércoles, 29 de julio de 2015

Marchando unha de ensaladas!

No verán as ensaladas son un dos pratos máis fáciles e agradecidos de facer. Frescas, rápidas e moi sinxelas, hidratan, refrescan e aportan gran número de nutrintes. Se a vosa imaxinación na cociña non chega ao nivel de Ferran Adriá, non hai problema, hoxe deixamosvos unha selección de libros da biblioteca onde atoparedes centos de receitas.



martes, 28 de julio de 2015

Divertidos marcapáxinas

Todo un mundo de posibilidades, iso sí, para os que ledes en papel. Por desgracia para os ebooks non descubrimos ningún que lles sirva ;) Cal vos gusta máis?










lunes, 27 de julio de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Moito tempo libre e non sabedes que facer? Coas nosas novidades de non-ficción podedes atopar múltiples entretementos para este verán... Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



viernes, 24 de julio de 2015

Na sala de audiovisuais... Whiplash

Andrew Neiman é un mozo e ambicioso baterista de jazz, absolutamente enfocado en alcanzar o cume dentro do elitista conservatorio de música da Costa Leste no que recibe a súa formación. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga sonos de grandeza, ansía converterse nun dos grandes. Terence Fletcher, un instrutor ben coñecido tanto polo seu talento coma polos seus aterradores métodos de ensino, dirixe o mellor conxunto de jazz do conservatorio.

Fletcher descobre a Andrew e o baterista aspirante é seleccionado para formar parte do conxunto musical que dirixe, cambiando para sempre a vida do mozo. A paixón de Andrew por alcanzar a perfección rapidamente convértese en obsesión, ao tempo que o seu desapiadado profesor continúa empurrándoo ata o albor das súas habilidades e mesmo da súa saúde mental.

Gañadora do Premio Oscar, Globo de Oro e BAFTA ao Mellor Actor de Reparto; e Mellor Película no Festival de Sundance.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA WHI novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 23 de julio de 2015

Afinando o oído...


... có novo disco, despois duns cantos anos de seca creativa, do "enfant terrible" do rock norteamericano Ryan Adams (non confundir con Bryan Adams). Este traballo do mesmo nome que o artista é unha panorámica de toda a súa carreira musical, un disco inspirado con toques do sonido rock dos 80. 

Podédes atopalo na Biblioteca co rótulo:  POP-ROCK I. ADA



miércoles, 22 de julio de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Fátima Fernández "Contos susurrados".

As historias flotan no aire e transmítense co vento, pero, que pasaría se unha desas historias cha susurrasen ao oído soamente a ti?

Para escoitar as historias a través dos meus “susurradores” deberemos estar en silencio, coas orellas abertas e limpas. (Programa Ler conta Moito)

Unha actividade para toda a familia. Entrada libre.

Mañá, xoves 23 ás 12:00 h. no Salón de Actos.


martes, 21 de julio de 2015

Novidades no fondo de adultos: Ficción


O verán é unha das mellores épocas do ano para ler, diso non hai dúbida. Tempo libre e boa temperatura son os perfectos compañeiros para calquera destas novidades que podédes atopar na Biblioteca. Dádevos prisa que saen volando!! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



lunes, 20 de julio de 2015

A flor de piel, de Javier Moro

O 30 de novembro de 1803, unha corveta zarpa do porto da Coruña entre aclamacións e aplausos. No seu interior viaxan vinte e dous nenos orfos cuxa misión consiste en levar a recén descuberta vacina da varíola aos territorios de Ultramar. Acompáñaos Isabel Zendal, encargada de coidalos. Os heroes desta desatinada expedición, dirixida polo médico Francisco Xavier Balmis e o seu axudante Josep Salvany, sobrevivirán a temporais e naufraxios, enfrontaranse á oposición do clero, á corrupción dos oficiais e á cobiza dos que buscan lucrarse a custa dos desamparados.

Se ao final esta aventura se converteu na maior proeza humanitaria da Historia, debeuse non só á coraxe daqueles nenos que se viron abocados a salvar as vidas de tanta xente, senón tamén á ousadía dos dous directores, homes sen medo que se disputaron o amor da única muller a bordo.

A raíz do descubrimento da identidade de Isabel Zendal, Javier Moro, autor de "Pasión India" e "El imperio eres tú", reconstrúe unha prodixiosa epopea da man dun personaxe feminino inesquecible. Os protagonistas da flor de pel, esgazados entre a paixón de salvar ao mundo e a necesidade de salvarse a si mesmos, son como luces no horizonte escuro do final dunha época.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MOR afl novidades histórica





viernes, 17 de julio de 2015

Na sala de audiovisuais... St. Vincent

Maggie é unha nai separada que se muda a Brooklyn co seu fillo de doce anos, Oliver. Ao ter que traballar moitas horas, non lle queda máis opción que deixar a Oliver ao cargo do seu novo veciño, Vincent, un xubilado cascarrabias afeccionado ao alcohol e ás apostas. Pronto, unha peculiar amizade florece entre esta improbable parella.

Xunto a unha stripper embarazada chamada Daka, Vincent conduce a Oliver por todas as paradas que conforman a súa rutina diaria: as carreiras de cabalos, o club de streap-tease e o seu bar habitual. Pero mentres Vincent cre que axuda a Oliver a facerse un home, Oliver comeza a ver en Vincent algo que ninguén máis ve: un home incomprendido de bo corazón

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA STV novedades


(fuente: LaButaca)

jueves, 16 de julio de 2015

Pasteis de libro

Se tedes algunha celebración cerca xa sabedes que Internet está chea de ideas para organizar festas temáticas, cociñar pasteis ou facer o regalo máis orixinal. A nós, estes pasteis de libro encántannos! Eso sí, conseguir facelos deber ser todo un traballiño.