martes, 30 de junio de 2015

Horario de verán


Recordarvos que a partires de mañá e durante os meses de Xullo e Agosto o horario da biblioteca será: 

Luns a venres de 8:30 a 14:30 h.
Sábados pechado


El círculo, de Dave Eggers

O día que Mae Holland é contratada para traballar no Círculo, a empresa de internet máis influente do mundo, sabe que se lle concedeu a oportunidade da súa vida.

A través dun innovador sistema operativo, o Círculo unifica direccións de email, perfís de redes sociais, operacións bancarias e contrasinais de usuarios dando lugar a unha única identidade virtual e veraz, detrás dunha nova era de civilidade e transparencia.

Mae está entusiasmada coa modernidade e a actividade da compañía, as espazosas oficinas de deseño, as cafetarías acritalar e as acolledoras instalacións do campus. Cada día celébranse festas, concertos ao aire libre e actividades deportivas. Hai clubs de todo tipo, e mesmo pode visitarse un exclusivo acuario de peixes exóticos da foxa das Marianas. Mae séntese afortunada de formar parte do centro do mundo, a pesar de que se afaste cada vez máis da súa vida fóra do campus e de que o seu rol dentro do Círculo acabe sendo do dominio público.

O que empeza como a fascinante historia de ambición e idealismo dunha muller se converte nunha trepidante novela de suspense que formula cuestións tan vitais como a memoria, o pasado, a privacidade, a democracia e os límites do coñecemento humano.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N EGG cir novidades intriga e misterio



lunes, 29 de junio de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 30, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 26 de junio de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 29, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 27, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... The Imitation Game (Descifrando Enigma)

A película narra a vida do británico criptógrafo Alan Turing, e nela desvélase a realidade que rodeou a unha das persoas que fixeron posible a derrota do exército nazi na Segunda Guerra Mundial.

Turing, quen pasou á historia por -en teoría- ser a persoa responsable de descifrar os códigos secretos do exército alemán transmitidos pola máquina Enigma, non foi tratado como un heroe. A pesar de supoñer o maior logro en vantaxe táctica do conflito bélico, iso non prevaleceu sobre as súas inclinacións sexuais.


De regreso á súa patria natal, foi axuizado e procesado polo goberno británico acusado de ser homosexual. Tras ser abafado publicamente e retirarlle as súas condecoracións, foi castrado quimicamente e abandonado na prisión onde a depresión puido con el.

Gañadora do Oscar ao Mellor Guión Adaptado.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: SUSPENSE IMI novedades


(fuente: Sensacine)

jueves, 25 de junio de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Contando con imaxes" con Noemí López.

Obradoiro de animación á lectura dende a linguaxe da ilustración aplicada á literatura infantil e xuvenil.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 26, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 24 de junio de 2015

Nova edición do curso "GaliciaLe"


O próximo martes 30 voltamos cunha nova edición do curso "GaliciaLe".

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. O curso está orientado a aprender a manexar esta plataforma e descargar libros electrónicos nun dispositivo.

Terá unha duración de 2 horas, de 17:00 a 19:00 h. e hai 10 prazas dispoñibles. É totalmente gratuíto, e para participar é preciso ser socio da biblioteca. Só tedes que inscribirvos na oficina de Administración.


martes, 23 de junio de 2015

El aroma del crimen, de Xabier Gutiérrez

A Vicente Parra, oficial instrutor da Ertzaintza, con sede no barrio do Antigo de San Sebastián, sonlle asignados dous casos aparentemente moi diferentes.

A deseñadora de moda Elena Castaño foi salvaxemente apuñalada na súa mansión e aínda que os indicios apuntan a un roubo, pronto queda claro que se trata dun crime persoal disfrazado de asalto. O outro caso é a morte por insuficiencia renal e hepática dun mozo chamado Cristian José, bedel na universidade. A nai do mozo sospeita que a morte non foi natural pois encontrou importantes cantidades de diñeiro en efectivo na súa casa e ademais levaba ultimamente un tren de vida que non se correspondía co seu soldo.

Vicente pronto descobre que os sospeitosos están todos relacionados co mundo da gastronomía, e máis cando a autopsia do cadáver de Cristian non ofrece dúbidas sobre as causas da súa morte.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N GUT aro novidades intriga e misterio




lunes, 22 de junio de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Comenzamos a semana con outra tanda de novidades, esta vez de non-ficción. As mellores obras de divulgación para os nosos usuarios! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



viernes, 19 de junio de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiro


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 22, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 20, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... El juego de Ender

"El juego de Ender" é unha película futurista ambientada no ano 2070. Tras unha invasión alieníxena, os humanos terán que loitar pola súa supervivencia, para que a Terra non caia en mans destes extraterrestres aos que chaman "Insectores".

Para levar a cabo o seu labor, os terrícolas crean a Frota Internacional (FI), unha unidade militar formada por un exército de elite cuxa misión é acabar cos invasores. O Comandante da Frota Internacional Mazer Rackham (Ben Kingsley) adestrarán á elite para enfrontarse ao futuro que os espera. Todas as esperanzas parecen recaer en Andrew Ender Wiggin (Asa Butterfield), un neno con calidades especiais que, xunto a outros rapaces, recruta a compañía para futuras batallas contra os Insectores.

Na Escola de Batalla pronto empezará a despuntar entre os demais, pasando a ser o comandante da Escuadra Dragón, ao mando de corenta soldados. O coronel Hyrum Graff (Harrison Ford) será o seu mentor, o cal o poñerá ao límite con extremos adestramentos físicos e psicolóxicos. Será Ender capaz de salvar ao planeta da invasión extraterrestre?


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: C.FICCIÓN JUE


(fuente: Sensacine)

Desfrutade do Arde Lucus!!



jueves, 18 de junio de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "O mundo nas túas mans: O reino animal" con Nenos 360.

Adiviñaremos animais a través de mímica, e faremos figuras empregando arxila polimérica, que mesturaremos e con ela crearemos o noso propio animal, real ou fantástico.

Mañá, venres 19, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 17 de junio de 2015

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa rozando o verán traemos unhas cantas novidades en novela que de seguro desfrutaredes. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



martes, 16 de junio de 2015

Curso "Iniciación á informática para adultos"


Un novo mes e unha nova edición do noso curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador con soltura.

Terá lugar do 22 ao 26 de xuño, de 11:00 a 12:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Conceptos e nocións básicas:
Principais compoñentes dun equipo informático.
Escritorio de Windows: iconas.
Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo.
Teclado: teclas básicas.
Funcións básicas: crear carpetas; abrir programas, ventás e menús.
Elementos externos: impresora, lector de CD, USB, etc.

2. Procesador de textos:
Barra de ferramentas: elementos básicos.
Modificar textos: copiar, pegar, eliminar, xustificar, etc.
Fontes: tamaño, grosa, cursiva, etc.
Insertar elementos no documento.

O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


lunes, 15 de junio de 2015

Khimera, de César Pérez Gellida

2054. Tras a Guerra de Devastación Global, a realidade social e xeopolítica cambiou rotundamente. Os vellos conceptos da democracia e o capitalismo foron enterrados polas correntes transhumanistas e a tecnofaxia. O poder concéntrase en mans das grandes corporacións, non obstante aínda queda un cabo solto, un molesto inconveniente que se escapa das afiadas uñas da Asemblea: Khimera.

Na arriscada busca dun enigmático personaxe coñecido como o bogatyr -heroe para algúns e vilán para outros-, están postas as últimas esperanzas daqueles que loitan para lograr que o mundo cambie para sempre.

César Pérez Gellida, autor da triloxía "Versos, canciones y trocitos de carne", éxito absoluto de crítica e vendas no último ano, volve á narrativa superando todas as nosas expectativas e rompendo os seus propios canons cun relato que estilisticamente recorda á habilidade creativa de J. R. R. Tolkien e á mestría visionaria de George Orwell ou William Blake. Unha reinvención do thriller literario ao máis puro estilo Gellida que algúns xa cualificaron de obra mestra.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N PER khi novidades ciencia ficción





viernes, 12 de junio de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 15, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 13, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... La teoría del todo

A fita xira en torno á vida de Stephen Hawking (Eddie Redmayne), o importante teórico e divulgador científico que cambiou a historia da ciencia e a tecnoloxía moderna para sempre.

A película centrarase na relación que mantivo o británico con Jane Wilde (Felicity Jones), a súa primeira muller, con quen se casou despois de que lle diagnosticasen unha enfermidade pola que non lle quedaban máis de dous anos de vida.

Gañadora do Premio Oscar ao Mellor Actor; Gañadora de 2 Globos de Oro ao Mellor actor de Drama e Mellor BSO; e Gañadora de 3 Premios BAFTA ao Mellor Film Británico, Mellor Actor e Mellor Guión Adaptado.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA TEO novedades


(fuente: Sensacine)

jueves, 11 de junio de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Scripta" coa Asociación Lucense de Tempo Libre.

Obradoiro de escritura romana onde os nenos participantes, ademáis de elaborar a súa propia tabula, aprenderán a escribir empregando os materiais típicos da época romana: pergameo, pluma, caña… (Programa Ler conta Moito).

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 12, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 10 de junio de 2015

Medianoche en Marble Arch, de Anne Perry

Nesta nova aventura de Charlotte e Thomas Pitt, Anne Perry somérxenos na rutilante sociedade vitoriana para mostrarnos un mundo no que demasiado a miúdo as mulleres cargan coa culpa das violentas agresións que padecen e no que os homes poderosos conseguen o que queren, deixando que outros paguen por ello.

La horrenda violación e suposto suicidio de Catherine Quixwood, esposa dun atesourado banqueiro, queda fóra da xurisdición de Thomas Pitt, o novo xefe da Special Branch. Non obstante, os ofensivos rumores acerca da vítima fan que Pitt decida investigar polo seu cuenta. Pese a contar coa axuda da súa cándida esposa Charlotte e do seu antigo superior, Victor Narraway, Pitt séntese desorientado. Por que a altruísta e culta Catherine non acompañou o seu marido a unha gran festa a noite do seu deceso? Por que deu permiso aos criados para que se retirasen ata o día seguinte e deixou a porta principal sen pechar? Cal fora a súa relación co mozo en cuxa compañía foi vista en concertos e exposiciones? 

O camiño cara á verdade lévao por rumbos sumamente perturbadores, dende as altas e altivas esferas da política e as finanzas ata a felicidade do seu propio fogar, onde a súa filla adolescente, Jemima, se está a facer adulta no seo dunha cultura enchida de perigos.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N PER med novidades intriga e misterio


martes, 9 de junio de 2015

Curso "Alfabetización Informacional"

A próxima semana contamos cun novo curso para aprender a manexarse no mar de información ao que estamos sometidos na actualidade. 

O obxectivo do curso é conseguir ser un usuario independente na busca, selección, valoración e uso da información para aproveitala de xeito óptimo e satisfactorio segundo as vosas necesidades e de forma ética. Isto lograrémolo coñecendo e traballando fontes de información tradicionais, en liña, xerais, especializadas, etc.

Terá lugar do 15 ao 19 de xuño, de 17:00 a 18:30 h., e é totalmente gratuíto.

Temos un cupo de 10 prazas dispoñibles. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


lunes, 8 de junio de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, martes 9, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Xa podédes desfrutar dos traballos

Xa temos dispoñibles os traballos de debuxo e narración que gañaron a Fase Local do certame do Día das Letras Galegas 2015 co tema  "Da ciencia á ficción". Premendo na imaxe visitaredes a galería de debuxos, e no boletín, as historias dos nosos pequenos escritores.