viernes, 29 de mayo de 2015

Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 30, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Perdida

O día do seu quinto aniversario de voda, Nick Dunne (Ben Affleck) informa que a súa esposa Amy (Rosamund Pike) desapareceu misteriosamente. Pero pronto a presión policial e mediática fai que o retrato de felicidade doméstica que ofrece Nick empece a cambalearse.

Ademais, a súa estraña conduta convérteo en sospeitoso, e todo o mundo comeza a preguntase se Nick matou a súa esposa...

Adaptación do best-seller "Perdida", de Gillian Flynn.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: SUSPENSE PER novedades


(fuente: Filmaffinity)

jueves, 28 de mayo de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos sesión de narración con Pablísimo "Rás! Contos batracios".

Bico ou non bico á Rá?
Os sapos e as rás de hoxe en día xa non son como antes...
(Programa Ler Conta Moito)

Unha actividade para nen@s de 4 a 9 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 29, ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 27 de mayo de 2015

La chica inglesa, de David Silva

Sete días. Unha rapaza inglesa. Non haberá segundas oportunidades.

Madeline Hart é unha estrela emerxente no partido que goberna Gran Bretaña: bela, intelixente, cunha carreira meteórica dende as súas humildes orixes ata o éxito. Pero tamén é unha muller con escuros segredos: é a amante do primeiro ministro Jonathan Lancaster. Cando desaparece mentres pasa as vacacións en Córcega cuns amigos do partido, saltan todas as alarmas. Dalgún modo, alguén descubriu esa relación secreta e decidiu facer pagar polos seus pecados ao máximo dirixente de Reino Unido secuestrando o seu mozo amante. Aterrorizado ante a perspectiva dun escándalo que acabaría coa súa carreira política, Lancaster decide levar o asunto a través de vías pouco convencionais.

E aí aparece Gabriel Allon, restaurador de arte, espía e cun currículo no que non escasea a intriga política e o asasinato. A conta atrás empezou e Gabriel ten que lograr encontrar a Madeleine e devolvela a casa sa e salva.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N SIL chi novidades intriga e misterio

martes, 26 de mayo de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Se estades cansos de historias ficticias e o voso é o mundo real e aprender cousas novas, o que necesitades é unha das nosas novidades de non-ficción. Estan agardando por vós nos nosos andeis! Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



lunes, 25 de mayo de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 26, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Café Filosófico


Mañá, martes 26, temos unha nova reunción do noso Café Filósofico, e nesta ocasión co tema: confianza/traizón.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


viernes, 22 de mayo de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 25, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 23, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... El juez

Hank Palmer (Robert Downey Jr.), un importante avogado, regresa ao seu fogar tras a morte da súa nai. Decátase entón de que o seu pai (Robert Duvall), que é o xuíz do pobo e de quen está distanciado, é sospeitoso de ter cometido un crime.

A súa decisión de investigar o caso lévao pouco a pouco a restablecer cos seus unha relación que estaba rota.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA JUE novedades


(fuente: Filmaffinity)

jueves, 21 de mayo de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de contacontos con Trinketrinke "Aventuras na cociña".

Promover hábitos saudables na alimentación dende os contos e fomentar o uso da biblioteca e a lectura, son os obxectivos de "Aventuras na Cociña", contacontos teatral protagonizado polos Ratos da Biblioteca. (Programa Ler Conta Moito).

Unha actividade para nen@s de 3 a 8 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 22, ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 20 de mayo de 2015

Curso "Iniciación á informática para adultos"


A próxima semana comeza un novo curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador con soltura.

Terá lugar do 25 ao 29 de maio, de 18:00 a 19:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

- Escritorio de Windows, rato e teclado : utilidades
- Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús
- Barra de ferramentas: elementos básicos
- Modificación de textos

Hai 8 prazas dispoñibles, para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.


martes, 19 de mayo de 2015

As crónicas do Club de Lectura (XXXXIII)

Feira do Libro de Lugo. Semana de club de lectura. Sesión nas casetas da feira. Conversa con autor. Qué máis pode pedir un/unha lector/a?


Dende que estou no club de lectura aínda non tivera ocasión de asistir a ningún “encontro con escritores”, logo non teño con qué facer a comparativa, de xeito que relato a primeira impresión.

Tratábase logo dun escritor local que viña falarnos da súa primeira novela, lida por algúns dos participantes do club, grazas aos exemplares prestados pola biblioteca. “El Quijote de madera” era o libro. Unha historia sinxela que foi calificada no seu día pola prensa coma negra, pero que non deixa de ser unha novela de costumes. Narra a historia de certos personaxes no Santiago de Compostela dos anos sesenta. Certo é que polo medio, hai un morto, pero iso é algo circunstancial, segundo ademais recalcou o autor: Francisco Javier Neira Pampín.

Falar cos autores cara a cara, permite aos lectores contrapoñer sensacións, preguntar polas dúbidas máis inesperadas que xorden cando alguén le na soidade do seu recanto, confrontar teorías sobre a trama, etc. É un exercicio moi enriquecedor e non só para quen le, senón creo, tamén para o/a autor/a. Debería facerse máis, moito máis.

Cantas veces dixemos iso de: “cada lector é unha lectura diferente” e no club sempre comprobamos a veracidade de tal afirmación. Xa que cando nos atopamos co autor, non somos quen de calar e sempre indagamos sobre o que nós (como lectores) críamos que o autor quería dicir en tal ou cal tramo da historia. É un proceso moi curioso, porque na creación de cada escritor danse fases moi diferentes, obxectivos distintos e xustificacións que ás veces, nin se nos ocorrerían.

O club de lectura moitas veces permite aos participantes facer unha lectura moito máis enriquecida. Ese é o valor fundamental dunha actividade coma esta. Ler podemos facelo en moitas e diversas circunstancias, pero cando lemos en compañía, a lectura crece, multiplica perspectivas, ofrece prismas inesperados, e se cadra aporta sentimentos esquecidos ou pasados por alto.

Falamos nesta sesión tamén do Día das Letras Galegas. Pero nesta ocasión Figueira Valverde (autor ao que se lle adica a conmemoración do 2015) non nos deu para moito debate. Ata o momento non foi moi lido por nós. Se acaso, haberá que facer un esforzo.

E finalmente logo de ter a nosa tertulia na caseta da biblioteca, iniciamos un percorrido polo resto das casetas da feira. No que xa ven sendo un clásico do club: ir na procura de recomendacións dos libreiros/as da feira.

Pero esa compilación de títulos e obras recomendadas será parte do noso vindeiro post. Non o perdades! Achégase o verán e hai que ter lecturas preparadas na recámara, ou non?


Nova edición do curso "GaliciaLe"


O próximo venres 22 contamos cunha nova edición do curso "GaliciaLe".

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. O curso está orientado a aprender a manexar esta plataforma e descargar libros electrónicos nun dispositivo.

Terá unha duración de 2 horas, de 17:00 a 19:00 h. e hai 10 prazas dispoñibles. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.


lunes, 18 de mayo de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, martes 19, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Novidades no fondo de adultos: Ficción


Xa co verán á volta da esquina traemos unhas cantas novidades fresquiñas, fresquiñas. Historias que de seguro vos farán desfrutar. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



viernes, 15 de mayo de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 18, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 16, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Interstellar

Ao ver que a vida na Terra está a chegar á súa fin, un grupo de exploradores liderados polo piloto Cooper (Mathew McConaughey) e a científica Amelia (Anne Hathaway) embárcase na que pode ser a misión máis importante da historia da humanidade e emprenden unha viaxe máis alá da nosa galaxia no que descubrirán se as estrelas poden albergar o futuro da raza humana.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: C.FICCION INT novedades


(fuente: Filmaffinity)

jueves, 14 de mayo de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde" con Eduvia.

Por medio dun divertido xogo por equipos, os e as participantes descubrirán a orixe e significado do Día das Letras Galegas, achegándose á obra dos autores e autoras homenaxeados nese día, e en especial ao autor homenaxeado en 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde. (Programa Ler conta moito)

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 15, ás 18:00 h. na Sala multiusos


Obradoiro na Feira do Libro


Mañá, venres 15 ás 18:00 h., contaremos co obradoiro para nenos "Un mundo de papel" na nosa caseta da Feira do Libro, sita na Praza Maior.

Con este obradoiro daráse a coñecer o mundo da ilustración da man de Noemí López. Unha actividade práctica na que a ilustradora amosará unha serie de técnicas que os rapaces poderán seguir para saber trasladar o imaxinario dunha historia ao papel (creación de personaxes e escenarios de ficción).

A entrada será libre ata completar o aforo. Agardámosvos!


miércoles, 13 de mayo de 2015

Actividades na Feira do Libro

Mañá, xoves 14, temos dúas actividades para todos os que queirades participar na nosa caseta da Feria do Libro, sita na Praza Maior.


A primeira será unha charla-coloquio cos compoñentes do club de lectura de adultos da Biblioteca entorno á figura de Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Será ás 18:00 h.



E ás 19:00 h. teremos un encontro có autor santiagués afincado en Lugo, Francisco Javier Neira Pampín, que ven de publicar a novela "El Quijote de madera", ambientada na Compostela dos anos 50.


Agardamos as vosas visitas!


martes, 12 de mayo de 2015

Visita a Biblioteca sen moverte da cadeira

Sabiades que podedes visitar a biblioteca sen movervos do sitio? Pois si, e é tan doado como entrar nesta web.


Aquí podedes visitar algunhas das salas da biblioteca e pasear por elas, ver fotos de como era antigamente e hoxe en día, e coñecer que servizos prestamos. E se vos interesa tamén poden visitarse as principais bibliotecas públicas de Galicia: Santiago, Coruña, Ourense...

Unha maneira distinta de ver a biblioteca, pero iso si, de momento non prestamos libros virtualmente ;)


lunes, 11 de mayo de 2015

Alguien como tú, de Xavier Bosch

Jean-Pierre Zanardi, galerista na Rive Gauche, é un espírito libre. Paulina Homs, cunha tranquila vida familiar en Barcelona, chega a París para a voda da súa prima. Coma se o destino o tivese preparado, entre eles nacerá unha atracción inesperada que cambiará as súas vidas para sempre.

Alguén como ti é a crónica da busca e a reconstrución dunha historia de amor, a de Paulina e Jean-Pierre, a través dos recordos, os documentos e o testemuño das persoas que coñeceron a paixón clandestina da parella.


Será a filla de Paulina, Gina, quen descubrirá moitos anos despois da morte da súa nai, o grande amor que a marcou para sempre.


Premio Ramón Llull 2015

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BOS alg novidades romántica