jueves, 30 de abril de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 4, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... La gran seducción

Os habitantes de Tickel Cove, unha viliña costeira de Canadá, antano orgullosos pescadores, hoxe vense obrigados a vivir de subsidios. O seu destino pode cambiar cando unha empresa pretende instalar unha pequena fábrica, pero cunha condición: que o pobo teña un médico residente.

Os habitantes non o ven posible, pero pronto se decatan que un novo doutor deberá pasar un mes no pobo. Conscientes da súa única posibilidade, deciden converter o pobo no lugar ideal para converterse no fogar do médico. Así empeza a gran sedución.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: COMEDIA GRA novedades


(fuente: La Butaca)

miércoles, 29 de abril de 2015

Aviso: Pechamos o sábado 2


O sábado 2 a Biblioteca permanecerá pechada debido a tarefas de desinfectación.

Sentimos as molestias que poidamos ocasionar.


martes, 28 de abril de 2015

El asesinato de Margaret Thatcher, de Hilary Mantel

"El asesinato de Margaret Thatcher" é o relato central e inédito no novo libro da autora británica que cega pola súa calidade literaria e que comparte o gusto polo insólito, o sentido, ás veces sangrante e sempre moi sutil da ironía británica e a capacidade de síntese.

En cada historia a autora, gañadora en dúas ocasións do premio Man Booker, ofrécenos unha peza maxistral da súa peculiar arte e do seu xeito de relatar, cun sorriso cómplice, o ridículo de cada momento.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MAN ase novidades

lunes, 27 de abril de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 28, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Café Filosófico


Mañá, martes 28, temos unha nova reunción do noso Café Filósofico, e nesta ocasión co tema: éxito/fracaso.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


viernes, 24 de abril de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 27, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 25, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Las dos caras de enero

En 1962, unha glamurosa parella americana formada polo carismático Chester MacFarland (Viggo Mortensen) e a bela e nova Colette (Kirsten Dunst) encóntrase en Atenas durante unhas vacacións en Europa. No medio dunha visita ao Acrópole coñecen a Rydal (Oscar Isaac), un mozo estadounidense que fala grego e traballa como guía turístico, situación que aproveita para estafar turistas ricas.

Atraído pola beleza de Colette e impresionado polo diñeiro e sofisticación de Chester, Rydal acepta encantado un convite a cear, o que o leva a implicarse cada vez máis nuns acontecementos sinistros dos que non poderá liberarse.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: SUSPENSE DOS novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 23 de abril de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o espectáculo "Contos de maxia" con Chrystyan Magic.

Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa capacidade para imaxinar, que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar viaxando polas páxinas dos libros. 
Espectáculo baseado no libro “O Sorriso de Rosalía”. (Programa Ler conta Moito)

Un espectáculo para nen@s de 4 a 12 anos

Entrada libre

Mañá, venres 24, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


Feliz Día do Libro!


miércoles, 22 de abril de 2015

As crónicas do Club de Lectura (XXXXI)

O libro que lemos nesta quincena no club ven cun título inquietante…porque, quen sabe onde está o mar dos sargazos?

Imos empezar por aí, logo. O mar dos sargazos está situado no que coñecemos como "Triángulo das Bermudas", entre Florida e as Azores, un espazo que ten un tamaño aproximado a Australia. E non deixa de ser unha zona peculiar, xa que a corrente do Golfo e a ecuatorial, rodéano e ámbalas dúas fan que esta masa de auga xire lentamente no sentido horario. As súas augas cálidas fanno permanecer con constantes temperaturas agradables e polas correntes circundantes, o nivel no centro deste mar é case un metro máis alto que as augas do Atlántico.

E por qué se chama así? Pois todo débese aos portugueses. No século XV déronlle ese nome xa que as algas pardas que predominan na zona parecíanse, segundo eles, aos acios dunha variedade de uva de Portugal : “o salgazo”.

O título proposto por R é “El ancho mar de los Sargazos” de Jean Rhys.

Unha autora que ao cabo de cinco novelas ben acollidas pola crítica e pronto esquecidas, (porque adiantábase a súa época) desapareceu da vida literaria e reapareceu moitos anos máis tarde por casualidade. Xa era unha anciá que vivía en Cornualles e preparaba unha novela, a que agora nos ocupa. A súa edición, tras variacións interminables, concedeulle a fama negada anteriormente e pouco despois morreu. Como o seu personaxe Sasha Jensen, o esquecemento, o alcohol e a desdicha, agochárona do mundo pero ao contrario que ela, acadou a gloria literaria cunha novela imperecedera.

Poderíamos dicir que en 1966, unha escritora contemporánea toma un personaxe que aparece nunha novela moi popular do século XIX e escribe unha novela diferente, creando un universo alternativo. Moitos din que é a precuela de Jane Eyre.

Naquela obra, Charlotte Brontë, deixa a historia previa do seu personaxe principal sen atar porque o que lle importa é a historia no tempo presente. Polo tanto, Jean Rhys recupera o personaxe de Antoinette para entendelo.

Antoinette é unha moza crioula de familia escravista na época en que en Xamaica se acaba de aprobar a lei de emancipación. E a rapaza non ten outro anclaxe que o da súa terra amada, e por iso resiste todas as dificultades que lle crean unha nai histérica e un matrimonio concertado.

E na segunda parte da obra, a voz narradora é a de Rochester: orde para amosar a disconformidade pola situación de fillo e irmán repudiado e a incomprensión do mundo das Antillas, tan distinto da súa Inglaterra natal.

Jean Rhys conta todo iso cun estilo absolutamente moderno: con dúas voces, como dixemos, gran tacto e unha sabedoría extrema, que a leva a resolver a obra nas páxinas xustas.

Trátase, polo tanto, dun achegamento diferente á vida das colonias a principios do século XIX, que se centra na confrontación: entre a educación católica de Antoinette contra o seu marido protestante, o catolicismo contra o vudú, brancos contra negros, homes contra mulleres,...

Ademais neste “El ancho mar de los sargazos” a historia cambia de perspectiva. Permite ver o outro lado. O lado da “loca do desván” que iniciou Jane Eyre cando non sabíamos o que acontecía no desván da casa de Rochester. Jean Rhys dálle a palabra a esa loca e amosa toda a simboloxía que pretende demostrar o confinamento social e intelectual das mulleres da época.

Le connosco e opina, os comentarios sempre son benvidos!


Día do Libro


Con motivo do Día do Libro, mañá na Biblioteca teremos distintas actividades para celebrar esta data:

- Ás 11:00 h.: Visita do colexio CEIP Quiroga Ballesteros.

- Ás 12:00 e 19:00 h.: Visitas guiadas excepcionais, para todos os que queirades coñecer a biblioteca e os seus servizos.

Ademáis sortearemos dous lotes de libros (1 infantil e 1 de adultos). Achégate á biblioteca do 1 ao 23 de abril e terás un premio se es o usuario/a que máis documentos levaches en préstamo nesas datas. Anímate a ler! O sorteo terá lugar o día 24 de abril.

Vide celebrar connosco este día!


martes, 21 de abril de 2015

Pronto seremos felices, de Ignacio Vidal-Folch

Un viaxante comercial español dedicado ao import-export traballa no establecemento da súa empresa nos países do Leste. Mentres a orde mundial se fende e tras os anos convulsos pasados en Praga, en Budapest, Sofía, en Moscú..., anos de aprendizaxe, de amizade, de amor, volve a esas cidades nas que se reencontra con algunhas das persoas esenciais da súa vida, que como el, xa non son as mesmas.

A viaxe de volta a Praga, que oficialmente ten como obxecto unha transacción comercial, convértese no punto de partida dun asombroso itinerario vital impulsado polo reencontro con Kamila, a súa eficiente e fiel colaboradora durante anos que desapareceron de pronto coma se unha movediza terra de escuros intereses políticos a tivese tragado.


A busca de Kamila é só o comezo doutros reencontros que descubrirán o protagonista quen era realmente as persoas coas que conviviu, que había por debaixo do que non sabían, ou non podían contar.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N VID pro novidades social e política



Curso "GaliciaLe"


O próximo venres, día 24, temos un novo curso: "GaliciaLe".

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. O curso está orientado a aprender a manexar esta plataforma e descargar libros electrónicos nun dispositivo.

Terá unha duración de 2 horas, de 17:00 a 19:00 h. e hai 10 prazas dispoñibles. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.


lunes, 20 de abril de 2015

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción


Comezamos a semana con máis novidades, neste caso de non-ficción. Descubrir como funciona o cerebro, tecer para os máis pequenos, ou filosofía sobre o luxo son algúns dos temas que ocupan os nosos andeis. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.


viernes, 17 de abril de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 20, ás 9:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 18, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Mil veces buenas noches

Rebecca (Juliette Binoche) é unha reporteira gráfica experta en conflitos bélicos. Ao vivir día a día a morte e a destrución, a muller pregúntase que beneficios pode ter o seu traballo para o ser humano: se só é algo estético ou, se pola contra emiten unha mensaxe que poida calar na sociedade e facer que esta cambie o seu punto de vista respecto á realidade.

Cando é a súa propia vida a que está en perigo, o seu marido (Nikolaj Coster-Waldau) e os seus fillos poñerana entre a espada e a parede; ao obrigala a elixir entre o seu traballo ou a súa familia.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA MIL novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 16 de abril de 2015

Máis actividades para os pequenos


Mañá contamos con dúas actividades máis para os pequenos.

A primeira, a sesión de narración con Forma Teatro: "Bebecontos de Choupiña e Trasnón". Un conto interactivo con uso de colores, texturas diferentes e sons variados. (Programa Ler conta Moito)

 A actividade está destinada a nen@s de 0 a 3 anos, e é preciso inscribirse no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 17, ás 18:00 h. na Ludoteca.



E a segunda, un contacontos con Mara.

Non todas as familias son iguais, hai familias diferentes, pero todas se queren.

A actividade está destinada a nen@s de 4 a 8 anos, e é preciso inscribirse no mostrador da Sala Infantil (15 prazas).

Tamén terá lugar mañá, venres 17, ás 18:00 h. na Sala multiusos.



Mañá na Biblioteca...

Temos a actividade "Entre rúas e versos" con Etnoga.

"Entre rúas e versos" é un itinerario poético cultural no que se le camiñando. Unha actividade para descubrir recunchos das nosas vilas e gozar con fermosos versos de poetas galegas. Pero tamén un xogo no que un gran dado decidirá o que imos escoitar! Rosalía? Filomena? Avelina? Berta? Antía? ...

Unha actividade para nen@s de 5 a 10 anos.

Os nenos/as, teñen que traer unha autorización por escrito dos seus pais, titores,... para poder facer a actividade fóra da biblioteca.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (10 prazas).

Mañá, venres 17, ás 18:00 h.


miércoles, 15 de abril de 2015

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Estades esperando novas lecturas? Pois xa non hai máis espera! Un mes máis traemos as novidades de ficción para que disfrutedes de novas historias. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



martes, 14 de abril de 2015

La templanza, de María Dueñas

Nada facía supoñer a Mauro Larrea que a fortuna que levantou tras anos de tesón e ousadía se lle derrubaría cun estrepitoso revés. Afogado polas débedas e a incerteza, aposta os seus últimos recursos nunha temeraria xogada que abre ante el a oportunidade de rexurdir. Ata que a perturbadora Soidade Montalvo, esposa dun marchante de viños londiniense, entra na súa vida envolvida en claroscuros para arrastralo a un porvir que xamais sospeitou. Da nova república mexicana á espléndida Habana colonial; da Antillas ao Xerez da segunda metade do XIX, cando o comercio dos seus viños con Inglaterra converteu a cidade andaluza nun enclave cosmopolita e lendario.

Por todos estes escenarios transita "La Templanza", unha novela que fala de glorias e derrotas, de minas de prata, intrigas de familia, viñas, adegas e cidades soberbias cuxo esplendor se esvaeceu no tempo. Unha historia de coraxe ante as adversidades e dun destino alterado para sempre pola forza dunha paixón.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N DUE tem novidades histórica


lunes, 13 de abril de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, martes 14, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!