martes, 31 de marzo de 2015

También esto pasará, de Milena Busquets

Cando era nena, para axudala a superar a morte do seu pai, a Blanca a súa nai contoulle un conto chinés. Un conto sobre un poderoso emperador que convocou os sabios e lles pediu unha frase que servise para todas as situacións posibles. Tras meses de deliberacións, os sabios presentáronse ante o emperador cunha proposta: «Tamén isto pasará.» E a nai engadiu: «A dor e a pena pasarán, como pasan a euforia e a felicidade.»

Agora é a nai de Blanca quen morreu e esta novela, que arranca e se pecha nun cemiterio, fala da dor da perda, da esgazadura da ausencia. Pero fronte a esta dor queda o recordo do vivido e o moito aprendido, e cobra forza a reafirmación da vida a través do sexo, as amigas, os fillos e os homes que foron e son importantes para Blanca, quen afirma: «A lixeireza é unha forma de elegancia. Vivir con lixeireza e alegría é dificilísimo.»

Esta e outras frases e o ton da novela, tan allea a calquera concesión ao convencional, evocan aquela Bonjour tristesse de Françoise Sagan, que marabillou tantos (e escandalizou non poucos) cando se publicou en 1954. Todo iso no transcurso dun verán en Cadaqués, coas súas paisaxes indómitas e a súa intensa luz mediterránea que o baña todo.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BUS tam novidades vida cotiá

lunes, 30 de marzo de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, martes 31, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 27 de marzo de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 30, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 28, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Magical girl

Alicia, unha nena enferma, soña co vestido da serie xaponesa Magical Girl Yukiko. Luis, o seu pai, fará todo o que estea na súa man para conseguilo. O seu destino crúzase co de Bárbara, unha atractiva moza con desordes mentais, e co de Damián, un profesor retirado de todo menos do seu tormentoso pasado.

Todos eles quedarán atrapados nunha rede de escuras chantaxes na que instintos e razón se debaterán nunha tráxica loita.

Gañadora da Concha de Oro á Mellor Película e Concha de Plata ao Mellor Director; e premio Goya á Mellor Actriz.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL MAG novedades


(fuente: La Butaca)


Aviso: Cambio de horario durante Semana Santa


Os días 30, 31 de Marzo e 1 de Abril,
o horario da biblioteca será de 9:00 a 20:00 h.

O sábado 4 de 10:00 a 14:00 h.


jueves, 26 de marzo de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos o espectáculo "As aventuras de Quebranoces" con Musicreques.

Coa maxia da música e dos libros, os monicreques deste conto farán unha viaxe trepidante por todo o mundo. Coa interpretación en directo ao piano de O Quebranoces, de Tchaikovsky, os personaxes descubrirán a beleza da amizade, da lectura e da música.

Unha actividade familiar con nen@s a partir de 3 anos, para conmemorar o Día Mundial do Teatro

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


miércoles, 25 de marzo de 2015

O parecido das portadas

Algunha vez vistes unha portada e recordouvos inmediatamente a outro libro? Seguro que si, e ultimamente acontece moi a miúdo. Dende sagas xuvenís ata novelas máis clásicas, cando un libro ten éxito, as editoriais e deseñadores inspíranse nas súas portadas para intentar atraer a nosa atención.

Da mesma forma que empregan as típicas frases como "Se che gustou Crepúsculo, encantarache esta novela", as portadas fan a mesma función. Non hai máis que mirar os estantes de calquera libraría ou biblioteca para decatarse... ata Jane Austen ou Bram Stoker sufriron esta moda nas súas novas edicións. É unha maneira de que os lectores relacionen portadas con libro de éxito, e sepan que nesta nova novela van atopar o mesmo que leron na anterior. Pareceunos tan curioso que buscamos varios exemplos con varios temas...

Os casos máis evidentes son as novelas de temática erótica, seguindo a estela de "50 sombras de Grey" e as de vampiros tralo éxito de "Crepúsculo". Semellan todas ser libros da misma saga...


Ata Lestat e o Conde Drácula teñen novo diseño ;)



Outro caso son as novelas xuvenís, que aínda que as portadas non son idénticas, si teñen moitos elementos comúns. Símboloxía similar, fondos moi parecidos, cores iguais... que ben combinados dan portadas distintas pero que inevitablemente remiten unhas a outras.




Tamén parece que a temática campestre e primaveral anda a rondar na cabeza dos editores, porque nestas novelas tipo "chick-lit", é a protagonista principal.



E para rematar, o uso de elementos que a priori non teñen nada de especial, pero que aos deseñadores deben darlles moito xogo. Aquí deixamos dous exemplos: paraugas e ollos.




Que vos parecen? Gústanvos este tipo de portadas porque axudan á hora de escoller a vosa próxima lectura ou preferides algo máis orixinal e que non se vise?


martes, 24 de marzo de 2015

El próximo funeral será el tuyo, de Estela Chocarro

«O próximo funeral será o teu» é unha das ameazas que recibe Rebeca Turumbay, profesora de arte na universidade e empregada da fundación do Teatro-Museo Dalí de Figueres, aos poucos días de chegar a Cárcar, o pobo no que decidiu pasar as vacacións. É alí onde naceu o seu avó Ángel Turumbay, e ela vai coa intención de coñecer algo máis sobre a súa historia, da que nunca lle falaron. Pronto descobre que algo turbio rodea a figura do seu avó, e que quizais teña que ver co silencio que pende sobre o asasinato da moza Celia Urbiola no ano 1945.

Rebeca poñerá en perigo a súa vida para esclarecer este antigo crime e para iso deberá enfrontarse soa a un macabro xogo, no que nada nin ninguén é o que parece.

Uns entrañables anciáns serán os seus mellores aliados e xunto a eles, coa axuda de Víctor, un novo xornalista local, irá desentrañando a verdade sobre os terribles feitos do «crime de Cárcar» no que moitos dos habitantes do pobo, dun xeito ou outra, estiveron involucrados.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N CHO pro novidades intriga e misterio


lunes, 23 de marzo de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 24, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Café Filosófico


Mañá, martes 24, temos unha nova reunción do noso Café Filósofico, e nesta ocasión co tema: razón e emoción.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


jueves, 19 de marzo de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 23, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


O sábado temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos o sábado 21, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Boyhood

Drama filmado ao longo de 12 anos (2002-2013) pero unicamente en 39 días de rodaxe.

É a historia de Mason (Ellar Coltrane) dende os seis anos e durante unha década poboada de cambios: mudanzas e controversias, relacións que se cambalean, vodas, diferentes colexios, primeiros amores, tamén desilusións, momentos marabillosos, de medo e dunha constante mestura de esgazadura e sorpresa.

Unha viaxe íntima e épica pola euforia da nenez, os sísmicos cambios dunha familia moderna e o paso do tempo.

Gañadora de 3 Globos de Oro (Mellor Película Dramática, Mellor Director e Mellor Actriz de Reparto) e Oscar á Mellor Actriz de Reparto.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA BOY novedades


(fuente: La Butaca)

miércoles, 18 de marzo de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos "Entre rúas e versos" con Etnoga.

"Entre rúas e versos" é unha actividade para conmemorar o Día Internacional da Poesía e consiste nun itinerario poético cultural no que se le camiñando. Unha actividade para descubrir recunchos das nosas vilas e gozar con fermosos versos de poetas galegas. Pero tamén un xogo no que un gran dado decidirá o que imos escoitar! Rosalía? Filomena? Avelina? Berta? Antía? ...

Unha actividade para nen@s a partir de 8 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil.

Mañá, xoves 19, ás 18:00 h. na Ludoteca.


martes, 17 de marzo de 2015

As crónicas do Club de Lectura (XXXIX)

Regresan estas Crónicas do club de lectura, despois dun pequeno “descanso” provocado pola súa mesma estrutura, xa que o club de lectura a partir de agora pasa a reunirse, e polo tanto ler, cada quince días.

Iniciamos esta “segunda volta” cun libro de Ediciones del Viento: “El arpa birmana” de Michio Takeyama. Reparamos un instante nesta editorial, se vos parece, para contar que se trata dunha empresa que inicia a súa andaina na Coruña, coa colección Viento Simún (a que nos ocupa), composta por clásicos de viaxes.

Fundada no ano 2003 por Eduardo Riestra, con esta colección pretende recuperar obras de autores recoñecidos (novelas, relatos e libros de viaxes) que son singulares e desenvolvense en escenarios exóticos. É a colección máis prolífica do grupo e no 2015 xa conta con 81 títulos.

Con posterioridade, nacen outras coleccións: Viento Abierto, de narrativa actual; Viento Céfiro, de narracións autobiográficas sobre personaxes singulares do noso tempo e Viento del Oeste, de clásicos occidentais contemporáneos.


Como dixemos, estamos a ler: “El arpa birmana”, un título de Michio Takeyama.

Autor nado en Osaka no 1903 que pasa a súa infancia en Seúl, pero se traslada a Tokio para estudar, chegando a ser primeiro profesor de alemán e logo en Europa profesor universitario. Nos anos 40 traduce a Nietsche e Goethe e posteriormente publica ensaios de diferente temática, así como libros de viaxes por Xapón, Unión Soviética e Europa. Será coa obra que lemos coa que se converterá nun autor universalmente coñecido.

Se atendemos a súa contraportada podemos saber que “El arpa birmana” fala dos derradeiros días da II Guerra Mundial, cando o sureste asiático está cheo de tropas xaponesas que, incomunicadas e moi cansas, vagan sen rumbo acosadas polas forzas aliadas.

Situando a narración en Birmania, Takeyama fai protagonista da acción á compañía coñecida coma “a compañía das cancións”, posto que no seu mando hai un profesor de música.

O que inicialmente podería parecer unha obra con tintas nostálxicas e tristes (autor xaponés narrando unha pasaxe da guerra) convértese nun canto vitalista. Certo é que os protagonistas pasan un tempo nun campo de concentración no seu afán de fuxir, pero o transcurso das súas aventuras son aos ollos do lector amenas, debido sen dúbida aos animosos soldados e ó cabo idolatrado Mizushima.

A novela publícase en 1947, momento no que o Xapón é un país en ruínas, que está a lamber as feridas da dura derrota. Sorprendentemente a obra supera a censura que impedía falar da contenda, e chega a un pobo que comprende entón, máis que nunca, o absurdo de sacrificar tantas vidas en aras de ideais equivocados. Convértese, así nunha das novelas máis importantes do Xapón da posguerra mundial.

Podemos valorar a obra coma un poético canto antibelicista, que no seu momento, supuxo, unha mensaxe de ánimo para unha sociedade desmoralizada.

“El arpa birmana” fainos pasar un bo rato de lectura, pero tamén anima á reflexión sobre a perda dos valores: paga a pena centrarse nunha concepción exclusivamente materialista? Debemos medir aos homes e mulleres do noso entorno polo que poden facer, ou estaría mellor pararse a pensar máis no que son?


lunes, 16 de marzo de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, martes 17, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Canciones de amor a quemarropa, de Nickolas Butler

Henrio, Lee, Kip e Ronny creceron xuntos no mesmo pobo de Wisconsin, Little Wing. Amigos dende nenos, as súas vidas comezaron de xeito similar, pero tomaron camiños distintos. Henry quedou no pobo e casou coa súa primeira noiva, mentres que o resto o abandonou en busca de algo máis: Ronny converteuse nun famoso vaqueiro de rodeo, Kip en exitoso axente de bolsa e Lee nunha estrela de rock de fama mundial.

Cando se volven reunir nunha voda, todos tratan de recuperar a súa vella amizade malia o moito que cambiaron. Entre a alegría do encontro as antigas rivalidades renacen e os vellos secretos ameazan con destruír amizade e amor. 

Unha novela sobre as cousas que importan: o amor e a lealdade, o poder da música e a beleza da natureza. Un relato marabilloso, emotivo e profundo que trata dun vello tema: podemos sentirnos algunha vez realmente na casa? 

Publicada recentemente en EE.UU., "Canciones de amor a quemarropa" converteuse nunha das sensacións literarias do ano.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BUT can novidades vida cotiá

Le o primeiro capítulo





viernes, 13 de marzo de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 16, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 14, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Begin again

Greta e Dave son unha parella namorada á par que compañeiros compositores. Chegan a Nova York cando el asina un acordo cun importante selo discográfico, pero a súa recén adquirida fama pronto tenta a Dave e deixa de lado a Greta, cuxo mundo se cae.

Cando Dan, un executivo discográfico en horas baixas, descobre a Greta durante unha actuación nos escenarios do East Village, queda cativado ao instante polo seu talento e proponlle empezar a traballar xuntos. Unha colaboración que os transformará a ambos os dous, á vez que compoñerá a banda sonora dun marabilloso verán neoyorkino.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: MUSICAL BEG novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 12 de marzo de 2015

Nova edición do curso "Manexo de e-readers"


O próximo mércores, día 18, temos unha nova edición do curso "Manexo de e-readers", orientado a aprender a manexar un e-reader e descargar e ler e-books. Para todos aqueles que estades interesados en pasar do papel ao libro dixital e queredes saber como funciona.

Terá unha duración de 3 horas, de 17:00 a 20:00 h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Descubre o libro electrónico: pros e contras.

2. Coñece os formatos máis comúns. Calibre.

3. Aprende a usar os lectores de libros electrónicos (e-readers). Bq Avant 3.

4. Consegue e descarga libros electrónicos (e-books). GaliciaLe.

Hai 15 prazas dispoñibles, para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.


Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Charo Pita "Triquitraque-Traquetriqui".

Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui) para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 13, ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 11 de marzo de 2015

Novidades no fondo de adultos: Ficción


Con esta semana tan fabulosa que estamos a ter, que mellor que unhas cantas novidades? Novas historias para desfrutar baixo os primeiros raios de sol da tempada. Premede na imaxe superior para consultar o boletín completo ou nas portadas para ver os rexistros do noso catálogo.



martes, 10 de marzo de 2015

La biblioteca secreta, de Haruki Murakami

O rapaz, en aparencia, só quere devolver dous libros e rebuscar un pouco entre os estantes. Pero na sala de lectura tópase co estraño bibliotecario, un ancián furibundo que o introduce no labirinto da biblioteca e alí, o encerra. No alxube de papel recibe deliciosos manxares, servidos por un misterioso home-ovella e unha bela rapaza muda. Pouco a pouco percibe que os límites entre os obxectos, as persoas e os espazos son cada vez máis difusos.

"La biblioteca secreta" é un pesadelo kafkiano e ao mesmo tempo unha sensible historia sobre a perda e a soidade. Murakami constrúe a través do seu habitual estilo, cargado de símbolos tan familiares como herméticos, unha historia sutil acompañada polas turbadoras ilustracións de Kat Menschik.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MUR bib novidades intriga e misterio


lunes, 9 de marzo de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 10, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 6 de marzo de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 9, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 7, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Rebelde

Nalgún lugar de África subsahariana, nunha pequena e remota aldea, Komona, unha nena de 12 anos, vive pacificamente cos seus pais, ata o día en que é secuestrada polo exército rebelde e se ve obrigada a combater como nena soldado.

Pola súa capacidade para salvarse, noméanlle "bruxa da guerra". A súa única saída e amigo será Mago, un rapaz albino de 15 anos que desexan casar con ela.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA REB novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 5 de marzo de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos o obradoiro "Títeres nas mans" con Larraitz.

Pintar na man personaxes imaxinados, darlles vida coa manipulación e a voz a eses monicreques. Xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 6, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 4 de marzo de 2015

Nova edición do curso "Iniciación á informática"


Esta semana temos curso en turno de tarde, e a próxima toca turno de mañá dunha nova edición do curso para adultos "Iniciación á Informática". Dirixido a todos aqueles que andades un pouco perdidos coas novas tecnoloxías e queredes aprender a manexar un ordenador desde cero.

Terá lugar do 9 ao 13 de marzo, de 12:00 a 13:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Nocions básicas:
Escritorio de Windows, rato e teclado : utilidades
Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús

2. Procesador de textos:
Barra de ferramentas: elementos básicos
Modificación de textos

3. Internet:
Busca de información
Correo electrónico

Hai 10 prazas dispoñibles, para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.