viernes, 30 de enero de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 2, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 31, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Noé

Inspirado pola épica historia de valor, sacrificio, esperanza e redención, Darren Aronofsky leva ao cine o seu persoal visión de Noé. Russell Crowe interpreta o home elixido por Deus para levar a cabo unha transcendental misión de rescate antes de que unha inundación apocalíptica destrúa o mundo.

A historia completa nunca antes se levara á gran pantalla nunha epopea, invitando ao público a vivir eses espectaculares acontecementos a través da mirada e as emocións de Noé e a súa familia no seu periplo polo medo e a fe, a destrución e o triunfo, a calamidade e a esperanza. 

O resultado é o primeiro retrato cinematográfico de Noé como un home imperfecto cuxa sobrecolledora tarefa se enfronta contra o peor da humanidade á vez que reafirma a nosa fe no mellor dela.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA NOE novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 29 de enero de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Mundos de papel" con Noemí López.

Con motivo do día da ilustración, nesta actividade darase a coñecer en qué consiste este mundo. Será unha actividade práctica na que a ilustradora amosará unha serie de técnicas que os rapaces poderán seguir para saber trasladar o imaxinario dunha historia a papel (creación de personaxes e escenarios de ficción).

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 30, ás 18:00 h. na Sala multiusos.


miércoles, 28 de enero de 2015

As crónicas do Club de Lectura (XXXIV)

Lemos esta semana un Premio Cervantes. Lemos unha muller. Lemos a México. Lemos unha voz crítica. Lemos a Elena Poniatowska.

Alguén que cando recibiu o Cervantes dixo: "Aprendí el español en la calle, con los gritos de los pregoneros y con unas rondas que siempre se referían a la muerte: “Naranja dulce,/ limón celeste,/ dile a María/ que no se acueste./ María, María/ ya se acostó,/ vino la muerte/y se la llevó”. O esta que es aún más aterradora: “Cuchito, cuchito/ mató a su mujer/ con un cuchillito/ del tamaño de él./ Le sacó las tripas/ y las fue a vender./ —¡Mercarán tripitas/ de mala mujer!”


E que andou sempre na procura da difusión cultural e do desenvolvemento dunha sociedade máis crítica e participativa.

Segundo o Ministerio de Cultura, o Premio Miguel de Cervantes é o máximo recoñecemento ó labor creador dos escritores españois e hispanoamericanos cunha obra que contribúe e enriquece de forma notable o patrimonio literario da lingua española. Porén, existe na actualidade, o debate activo acerca do papel dos escritores e escritoras hispanos; se segue a ser un premio que observa a realidade ou máis ben se achega a conquerir uns obxectivos económicos. Autores como Santiago Rocangliolo afirman nese sentido que “Si América es más grande, también debe aportar más”.

O que parece claro é que dende o 1976 (ano do primeiro premio) as voces femininas teñen sido pouco premiadas, e así o fixo ver Elena Poniatowska no seu discurso:

“María (en referencia a primeira premiada: María Zambrano), Dulce María (Loynaz) y Ana María (Matute), las tres Marías, zarandeadas por sus circunstancias, no tuvieron santo a quién encomendarse y sin embargo, hoy por hoy, son las mujeres de Cervantes, al igual que Dulcinea del Toboso, Luscinda, Zoraida y Constanza. A diferencia de ellas, muchos dioses me han protegido porque en México hay un dios bajo cada piedra”.

Elena Poniatowska naceu en París en 1932 e emigrou a México aos dez anos xunto coa súa nai e a súa irmá Kitzia, fuxindo dunha Europa devastada pola Segunda Guerra Mundial. Paula Amor de Ferreira Iturbe (a súa nai) foi filla de mexicanos que tamén tiveran que fuxir. Elena comeza a súa educación en Francia e continúa en México, aínda que segundo ela, non chegará a acercarse a Universidade “nin de noite” (a súa familia non podía permitirse a inversión económica) e en 1953, comeza a traballar no xornal “Excélsior” escribindo crónica social.

A pesares diso, chega a ser autora de máis de corenta libros que abarcan case todos os xéneros literarios. Pero as súas entrevistas e libros de testemuña, xénero reinventado en México por ela, son a súa principal carta de presentación xa que pasaron a converterse nunha testemuña enorme e completa para entender a historia mexicana das últimas cinco décadas.

Foi ela ademais, quen describe os acontecementos que teñen marcado profundamente a México como nación; mostra diso atopámola en “La noche de Tlatelolco”, unha crónica colectiva do enfrontamento entre estudantes e soldados constituída a partir das múltiples voces que son continente e contido; ou en “Hasta no verte Jesús mío” (na biblioteca Nodal baixo a sinatura N Pon has), onde a autora revive as experiencias de Jesusa Palancares, unha muller oaxaqueña que loitou na revolución mexicana e logo gañou a vida coma obreira, sirventa e mediadora entre vivos e mortos, andando sempre en situacións de pobreza e desencanto.

Múltiples e diversos son os títulos que podemos ler de Poniatowska: Nós, esta semana e as vindeiras, adicamos as sesións do club a “El tren pasa primero”, pero desta novela falaremos se vos parece na próxima edición destas crónicas.

Déixovos coa curiosidade, sendo ademais a miña intención, a de despertarvos o interese xeral por unha voz que no seu discurso de entrega do Cervantes, tamén dixo:

“Frida Kahlo, pintora, escritora e ícono mexicano dijo alguna vez: “Espero alegre la salida y espero no volver jamás”.A diferencia de ella, espero volver, volver, volver y ese es el sentido que he querido darle a mis 82 años”.

Voltamos a vindeira semana, deica logo!


martes, 27 de enero de 2015

Canta solo para mí, de Nativel Preciado

Muriel, un novo reporteiro gráfico, vive xunto ao seu compañeiro Tanis, xornalista en plena madureza profesional e persoal, un amor prohibido, pasional e cheo de riscos.

Ambos os dous traballan no mítico xornal "El Hispano" durante a convulsa época dos últimos anos do franquismo. Unha redacción repleta de ilusión, ideais e loita para derrocar o ditador. Unha época de barricadas, confidentes e esperanza. Malik, o fillo de Muriel, intenta recompoñer as pezas da enigmática e apaixonante vida da súa nai. 
Pero sempre hai algo misterioso nela que o seu fillo nin comprende nin acepta. 

"Canta solo para mí" para min rende homenaxe a toda unha xeración lendaria, ás súas ansias de liberdade e á forza imparable da xuventude.

Premio de Novela Fernando Lara 2014

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N PRE can novidades vida cotiá



Consellos para ler máis no 2015

O artista e escritor Austin Kleon comparte con nós unha lista de consellos para ler máis durante este ano. Hai xente que se toma a lectura como unha actividade placentera e relaxada, e outros que prefiren poñerse retos lectores coma este, pero estos consellos valen para todos. Na vosa man queda poñelos en práctica ;)

1. Lanza o móbil ao mar (ou pono en modo avión).

2. Leva un libro sempre contigo (no bolso, no coche, onde queiras).

3.  Ten sempre un libro preparado antes de rematar o que estás a ler
(fai unha pila de libros por ler ou carga o teu libro electrónico).

4. Se non estás a gozar dun libro, ou a aprender algo del, abandónao inmediatamente (lanzalo polos aires ao outro lado do cuarto sempre axuda).

5. Programa unha hora de lectura de non ficción ao día
(a hora do xantar ou calquera anaco morto servirán).

6. Métete na cama unha hora antes e le ficción (axudarache a durmir).

7. Escribe un diario de lecturas e comparte os teus libros favoritos con otros (así os demáis tamen che recomendarán lecturas).


lunes, 26 de enero de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 27, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Café Filosófico


Mañá, martes 27, temos unha nova reunción do noso Café Filósofico, e nesta ocasión co tema: o arte de disentir.

Xa sabedes que as únicas normas son o respecto e a tolerancia: respecto ás quendas de palabra de cada asistente e a súa persoa e tolerancia respecto das opinions de cada un.

A reunión terá lugar na Sala multiusos, ás 18:00 h., e durará entre dúas e tres horas.

Animádevos e vide a filosofar!


viernes, 23 de enero de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 26, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 24, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Solo los amantes sobreviven

Adam, un músico underground profundamente deprimido pola dirección que tomaron os actos da Humanidade, reúnese coa súa dura e enigmática esposa, Eve. Ambos os dous son vampiros e a súa historia de amor prevaleceu durante varios séculos, pero o seu libertino idilio pronto é interrompido pola chegada de Ava, a salvaxe e incontrolable irmá menor daquela.

A medida que o seu mundo se esborralla ao seu arredor, poderán estas astutas pero fráxiles criaturas da noite seguir existindo antes de que sexa demasiado tarde?

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: FANTÁSTICO SOL novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 22 de enero de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos sesión de narración con Fátima Fernández "Contos con catro sentidos".

Se algunha vez pensades que os contos se poden contar, ulir, ver e escoitar, hoxe na miña maleta poderedes descubrilo.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 23 ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 21 de enero de 2015

As crónicas do Club de Lectura (XXXIII)

Fala Wolfang Iser da "teoría do lector implícito", isto é: o significado dunha novela ou dun texto en xeral non está, segundo el, no propio texto nin no contexto no que o texto foi escrito; senón nalgún lugar entrámbolos dous. O significado dun libro xorde, segundo esta teoría, cando se le.

E isto ten moito que ver coa idea proposta por R para retomar o club de lectura despois do parón de Nadal: facer close-reading.


A tamén chamada lectura atenta é aquela que realizamos de maneira lenta, procurando obter un alto grao de comprensión do texto, xa que o seu obxectivo é concentrarse no que se pretende transmitir e na forma en que se fai.

A lectura atenta axuda, polo tanto, a atopar unha gran cantidade de pormenores dentro do texto, éses que cunha lectura convencional pasarían desapercibidos.

Nese camiño da close-reading, podemos atopar dúas vertentes:

A denominada lectura crítica, consistente en reaccionar respecto do contido que lemos e poñelo en comparación cos nosos propios valores, actitudes ou crenzas. E doutra banda, a lectura inferencial, que é aquela que se da cando a partir da lectura establecemos conclusións non explícitas no propio texto.

Nós, no club de lectura, realizamos o “exercicio” con dous relatos: “La marquesa de O” de Heinrich Von Kleist e “Bartleby, el escribiente” de Herman Melville. Dous modelos de texto que non só difiren moito un do outro, senón que son ben propicios para o segundo tipo de lectura, a inferencial.

Tanto é así que o debate xerado (especialmente co texto de Melville) precisou das dúas horas íntegras da sesión do club de lectura. A abundancia de interpretacións e as múltiples aristas que lle atopamos á historia, fixo que tiveramos unha conversa longa, pero ademais moi fructífera.

Intentar realizar close-reading nun tempo como o que vivimos hoxe en día, resulta un exercicio complicado, especialmente pola falta de tempo e disposición para adicar á lectura todos os nosos sentidos. Pero é unha práctica moi enriquecedora que, dende o club de lectura recomendamos vivamente.


martes, 20 de enero de 2015

Mi color favorito es verte, de Pilar Eyre

Pilar Eyre, unha xornalista madura e aínda presa dunha gran paixón pola vida, coñece, durante un verán na Costa Brava, a Sébastien, un correspondente de guerra francés de grande atractivo. Entre eles xorde un amor inesperado que os leva a vivir tres días de intensa relación erótica e sentimental.

Cando Sébastien desaparece repentinamente, Pilar búscao con desespero seguindo as pistas ambiguas que o xornalista foi deixando ao seu paso, pero os resultados son cada vez máis sorprendentes e misteriosos.

Esta non é unha bela historia de amor crepuscular, esta é unha bela historia de amor entre unha muller que se atreve a chegar ata o límite e un home secuestrado por uns sentimentos imprevistos.

"Mi color favorito es verte" é unha aventura real. Acheguémonos de puntillas e miremos polo ollo do fecho: aí dentro hai unha muller nua.


Finalista do Premio Planeta 2014

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N EYR mic novidades romántica


lunes, 19 de enero de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel básico


Mañá, martes 20, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel básico

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



viernes, 16 de enero de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 19, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 17, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Na sala de audiovisuais... Dallas Buyers Club

Cando a Ron Woodroof se lle diagnostica que ten o virus da SIDA, se lle prescribe un fármaco altamente tóxico e se lle prognostican 30 días de vida. Remiso a aceptar esa sentenza de morte, Woodroof introdúcese no mundo dos fármacos clandestinos e acaba converténdose no maior promotor dun tratamento non aprobado legalmente que non só lle alivia da enfermidade, senón que tamén prolonga a súa vida.

Woodroof inicia unha batalla contra a Administración de Alimentos e Medicamentos, e dá pé a unha campaña de concienciación sobre a desinformación do Goberno para axudar a todas as vítimas silenciosas que sofren o virus da SIDA.

Premio Óscar 2014 ao Mellor Actor Protagonista e Mellor Actor de Reparto. 

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA DAL novedades


(fuente: La Butaca)

jueves, 15 de enero de 2015

Xa temos aos gañadores...


...da Fase Local do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2014". Aquí tedes os nomes dos nen@s gañadores nas diferentes categorías:

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Silvia Fernández Torres

2º premio - Emilia Durán Rodríguez

3º premio - Antía Pernas Rodríguez


Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Daniel Souto Vega

2º premio - Nuria Devesa Núñez

3º premio - David Varela Rodríguez


A categoría C quedou deserta.

Noraboa a todos!!


Mañá na Biblioteca...

Temos o contacontos "O xogo de Nano" con Raquel Queizás.

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán?

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 16, ás 18:00 h. na Ludoteca


miércoles, 14 de enero de 2015

Curso "Iniciación á informática para adultos"


O próximo luns comeza un novo curso para adultos, neste caso "Iniciación á Informática", para todos aqueles que andades un pouco perdidos coas novas tecnoloxías e queredes aprender a manexar un ordenador desde cero.

Terá lugar do 19 ao 23 de xaneiro, de 18:00 a 19:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Nocions básicas:
Escritorio de Windows, rato e teclado : utilidades
Funcións básicas: creación de carpetas, ventás e menús

2. Procesador de textos:
Barra de ferramentas: elementos básicos
Modificación de textos

3. Internet:
Busca de información
Correo electrónico

Hai 10 prazas dispoñibles, para participar é preciso ser socio da biblioteca e podédesvos inscribir na oficina de Administración.


martes, 13 de enero de 2015

Casar nunha biblioteca

Que mellor ca un martes e 13 para falar de bodas ;) Para todos aqueles que os estades a preguntar se casar nunha biblioteca é posible... pois si!! Un soño para calquera amante dos libros, a literatura e os espacios ilustres. Eso sí, as bibliotecas que atopamos que ofrecen este tipo de servicios están nos EE.UU. e a verdade é que descoñecemos se no noso país existe esta posibilidade. Nós, quedamos abraiados coa idea e aquí vos deixamos algunhas imaxes dos enlaces...









lunes, 12 de enero de 2015

Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto


Mañá, martes 13, temos unha nova Mesa de conversa en inglés - Nivel medio-alto

Vide compartir un rato agradable cos nosos coordinadores angloparlantes, Bárbara e Patrick.

Esperámosvos ás 19:30 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Los ultimos dias de nuestros padres, de Joël Dicker

En 1940 Winston Churchill ten unha idea que cambiará o curso da guerra: crear unha nova sección dos servizos secretos, o Special Operations Executive (SOE), para levar a cabo accións de sabotaxe dende o interior das liñas inimigas. Uns meses máis tarde, o mozo Paul-Émile deixa París rumbo a Londres coa esperanza de unirse á Resistencia.

O SOE non tarda en chamalo ás súas filas, xunto a un grupo de novos compañeiros. Tras un adestramento brutal, os poucos elixidos coñecerán o amor, o medo e a amizade, e serán enviados en misión á Francia ocupada. Pero a contraespionaxe alemá xa foi alertada.

Un jovencísimo Joël Dicker, que logo cegará máis de dous millóns de lectores con La verdade sobre o caso Harry Quebert, aborda un feito da Segunda Guerra Mundial que foi mantido en segredo durante anos, e demostra, nesta novela gañadora do Premio dos Escritores Xenebrinos, o seu talento para crear unha historia e uns personaxes inesquecibles.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N DIC ult novidades histórica



viernes, 9 de enero de 2015

Mesa de conversa en castelán para extranxeiros


O próximo luns temos unha nova Mesa de conversa en castelán para extranxeiros

Non o dubides e achégate a practicar con nós o teu castelán.

luns 12, ás 09:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



Mesa de conversa en portugués


Mañá temos unha nova Mesa de conversa en portugués

Un espazo no que practicar o teu portugués.

Esperámosvos mañá, sábado 10, ás 11:00 na Sala multiusos da Biblioteca.

Animádevos a participar!



jueves, 8 de enero de 2015

Mañá na Biblioteca...

Temos o contacontos "Sana, sana, curita de rana" con Teresa Grau.

Todos, pequenos e maiores, necesitamos curitas para as feridas da alma: tristuras, medos, decepcións... cúranse a través dos contos. Os contos sanan.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 9, ás 18:00 h. na Ludoteca.


miércoles, 7 de enero de 2015

Celebra con nós o Día do Usuario!


O próximo venres 9 celebramos o Día do Usuario na Biblioteca 2015, uníndonos ás actividades  conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia.

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2014, os nosos “Superusuarios”!!

Ao longo deste ano, estes “Superusuarios” poderán retirar en préstamo un maior número de obras: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 4 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2016.

Tamén teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 19:00, abertas a todo o público que se achegue, onde poderedes coñecer "as tripas" da Biblioteca ;)


Os nosos amigos de BC Lugo farán unha liberación de libros bookcrossing, para que sigan o seu percorrido polo mundo, en distintos lugares da biblioteca ao longo de todo o día.

E haberá algunha que outra sorpresiña en forma de marcapáxinas e pegatinas!




lunes, 5 de enero de 2015

Muerte en las islas, de Jean-Luc Bannalec

Areas brancas e augas turquesa cristalinas: o arquipélago das Glénan, en fronte da costa bretoa, é o máis parecido a un paraíso tropical... ata que o mar deposita nunha das súas praias tres cadáveres.

É o último que lle apetece a Georges Dupin esa mañá: ter que saír correndo sen poder tomar o seu segundo café e meterse nunha bamboleante patrulleira da policía, atender ao prefecto que lle atosiga a chamadas porque un amigo seu desapareceu e non dispoñer da menor pista sobre a identidade dos tres cadáveres que apareceron nunha praia das paradisíacas illas de Glénan.

Quen era eses tres homes? Tal vez vítimas do violento temporal que azoutou o arquipélago a noite anterior? Todo apunta a que morreron afogados, ata que algo esperta as dúbidas do comisario.

Mentres Dupin, no seu cuartel xeral do bar-restaurante da illa de Saint-Nicolas, interroga os sospeitosos, volve tolos os seus colaboradores e se somerxe nas escuras historias dos insulares, unha nova tempestade empeza a xerarse.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N BAM mue novidades intriga e misterio


Exposicións na Biblioteca

Durante este mes de xaneiro teremos unha exposición e unha mostra bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca. A primeira é a exposición "Historia do libro", organizada polo IES Ánxel Fole. Nela faise un percorrido cronolóxico da historia da escritura e os seus diferentes soportes, dende a súa aparición ata os e-books.

E a partir do día 15, a mostra bibliográfica estará adicada a un dos grandes da cultura galega: Castelao. Con ela conmemoraremos o 129º aniversario do seu nacemento.