lunes, 16 de noviembre de 2015

Todo ese fuego, de Ángeles Caso

16 de xullo de 1846. Na casa parroquial da aldeíña inglesa de Haworth, as tres fillas do pastor comezan a xornada ocupándose das tarefas domésticas mentres esperan que chegue a tarde, cando poidan sentar xuntas para dedicarse a escribir ás agachadas as novelas que ansían publicar. Son as irmás Brontë, tres mulleres solteiras de ao redor de trinta anos que, desde a infancia, grazas á literatura, sobreviviron ás traxedias familiares, a falta de recursos económicos e o illamento.

Durante ese verán, Charlotte escribe "Jane Eyre". Emily dedícase a "Cumbres borrascosas". E Anne concéntrase en "Agnes Grey". Ignorando o extraordinario destino que espera ás súas obras literarias, as tres verten nelas os seus soños, as súas frustracións e as súas paixóns ocultas, convertendo aquela casa escura e vulgar, atravesada polas mortes temperás de moitos dos seus habitantes, nun espazo cheo de luz.

"Todo ese fuego" é unha novela exquisita que mergulla na vida de tres asombrosas mulleres cheas de talento, que conseguiron rebelarse contra as crueis normas da sociedade victoriana e converterse en grandes escritoras nun mundo reservado aos homes.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N CAS tod novidades biográfica



No hay comentarios: