jueves, 26 de noviembre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos o obradoiro "Eu quero ser científic@" con Ciencia Divertida.

Os nosos científicos chiflados, acompañados da súa maravillosa caixa de “experimentos”, explicarán aos asistentes conceptos relacionados coa materia e os seus diferentes estados.

Explicaranlles o método científico e os asistentes terán que desenvolver as súas propias “hipótesis científicas”. Aprenderán de forma gráfica o que é unha reacción química, descubriran mensaxes secretas a través de produtos químicos, xogaran coa electricidade estática .. pero sobre todo aprenderán a observar todo cuanto sucede ao redor como verdadeir@s científic@s.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20-25 prazas).

Mañá, venres 27 ás 18:00 h. na Sala multiusos.


No hay comentarios: