jueves, 19 de noviembre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos a sesión de narración "Contando cancións" con Soledad Felloza.

Cantas cousas escóndense debaixo dun botón, nun peto, nos dedos, no oco morno debaixo da lingua... Basta con dicir 1,2,3 e saen a xogar con todos nós, debuxando no aire con trazo máxico. Para cantar contando e contar cantando, só basta traer o corazón alegre, o corpo esperto e as ás da voz. Que non sabes cales son? Non importa, iso xa cho conto eu..

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 20 ás 18:00 h. na Ludoteca.


No hay comentarios: