jueves, 5 de noviembre de 2015

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de narración con Anxo Moure "Salgadiña, estrela de Fisterra".

Unha viaxe na percura da estrela Salgadiña de Fisterra que ensinará aos nenos a coidar o mar, a través dunha fermosa historia de amor que transcorre en distintos espazos da costa galega: A Fervenza do Xallas, O Monte Pindo, as pedras da barca de Muxía, as praia de Carnota e a propia Fisterra.

Unha actividade para nen@s de 4 a 12 anos.

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 6 ás 18:00 h. na Ludoteca.


No hay comentarios: