martes, 10 de noviembre de 2015

El bar de las grandes esperanzas, de J.R. Moehringer

J.R. creceu coa súa nai, pois o seu pai abandonounos cando J.R. non pronunciara a súa primeira palabra. El, con todo, sabe quen é o seu pai: un DJ de Nova York que ten un programa de radio e cuxa voz J.R. escoita coa orella pegada ao aparello. Ata que un día a voz desaparece do aire e J.R. queda sen ninguén a quen escoitar.

Atopará refuxio no amor da súa nai e no Dickens, o bar do seu barrio, un sitio onde poetas, policías, apostadores, soldados, boxeadores e estrelas de cinema teñen unha historia que contar. Alí, entre todas esas voces que o cativan como nun soño, J.R. poderá darlle voz ao seu propio destino e poderá forxarse, tamén, unha identidade.

Conmovedor e emocionante, asinado por un premio Pulitzer, "El bar de las grandes esperanzas" é un libro fermoso que pode lerse como unha novela de aprendizaxe ou como unha historia apaixonadamente sincera e real.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MOE bar novidades biográfica



No hay comentarios: