miércoles, 4 de noviembre de 2015

Conferencia de Xurxo Mariño


O mes de novembro celebrámos o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e dentro das nosas actividades o próximo venres contamos cunha conferencia do máis interesante de Xurxo Mariño, profesor, investigador e divulgador científico.

Unha viaxe científica na que coñeceremos os momentos máis sorprendentes e interesantes da súa viaxe arredor do mundo, visitando desertos, glaciares, volcáns, ríos, selvas e montañas.

Unha actividade para todos os públicos.

Agardámosvos o próximo venres 6 ás 19:00 h. no Salón de Actos.


No hay comentarios: