miércoles, 25 de noviembre de 2015

Certame de poesía infantil "Nadal 2015"


Un ano máis convocamos o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015".

Nel poden participar todos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal". Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, cada un deles acompañado dunha solicitude de inscrición (descargar aquí), e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha sola cara.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos

B -- nenos de 9 a 11 anos

C -- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 22 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O fallo do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2016.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia; Ademáis, os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.


2 comentarios:

Cristina dijo...

Estaría bien que se organizara un concurso de relatos para adultos... ;)

Biblioteca Pública de Lugo dijo...

Gracias por la sugerencia, la tendremos en cuenta