viernes, 2 de octubre de 2015

Na sala de audiovisuais... Loreak

"Loreak (Flores)" segue de preto a vida de tres mulleres, Ane, Lourdes e Tere, as tres con vidas distintas pero cunha cousa en común: todas elas perderon a alguén querido. Nagore Aranburu métese na pel de Ane, unha capataz de obra á que lle diagnostican unha menopausa temperá. A muller acusa a depresión a pesar de convivir en parella pero, pouco a pouco, empeza a cambiar de ánimo grazas a un estraño suceso: todos os xoves recibe un ramo de flores sen remite nin mensaxe. Quen é o seu admirador?

A vida de Ane serve como punto de partida para o resto das historias do filme -Lourdes, Tere, Beñat-, onde cada un dos personaxes enfróntase á morte de alguén próximo á súa maneira, coas flores como recordatorio ou simplemente como unha forma de seguir adiante; un símbolo aparentemente insignificante, pero que funciona como metáfora de beleza, de amor, de duelo e ata de despedida


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL LOR novedades


(fuente: Sensacine)

No hay comentarios: