lunes, 21 de septiembre de 2015

La ley de los justos, de Chufo Lloréns

A finais do século XIX, Barcelona vive unha época de esplendor. Acaba de celebrarse con grande éxito a Exposición Universal e unha burguesía próspera e culta, que busca inspiración nos salóns parisienses, exhibe a súa elegancia en festas e reunións musicais. Pero ao outro lado da cidade, onde as rúas estreitan e cheiran a pobreza, o rancor e a inxustiza están a fraguar unha revolución capaz de recorrer á violencia máis descarnada. Neste ambiente cargado de desconfianza e temor, Candea e Juan Pedro, procedentes de clases sociais moi distintas, terán que enfrontarse aos prexuízos duns e outros para defender o seu amor.

Coa habilidade dos grandes mestres da novela histórica, Chufo Lloréns tece un tapiz xeográfico e humano apaixonante. A súa pluma áxil e perspicaz condúcenos dende os luxosos reservados do teatro do Liceo ata os lóbregos sotos onde se tramaban as conxuras anarquistas. Obreiros agraviados, herdeiros indolentes, mulleres de mala vida e indianos con fortuna mestúranse neste retrato colorido e veraz dunha Barcelona luminosa e moderna, pero tamén axitada e perigosa.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N LLO ley novidades histórica



No hay comentarios: