martes, 11 de agosto de 2015

Todos mis futuros son contigo, de Marwan

"Todos mis futuros son contigo" é unha autopsia emocional en toda regra, o diario sorprendido de alguén que tropeza cos seus sentimentos e, asombrado, os comprende de inmediato. En ocasións pode que dubides de se é poesía, prosa poética ou frases lanzadas dende o fondo do corazón. Non queda claro. O que está claro é que non che vai quedar ningún sentido intacto tras a súa lectura.

Aquí hai poemas de amor, hai poemas que van dende o apego máis romántico e suicida a outros que aseguran que o amor non é unha forma de queimarse, senón un modo de tender pontes entre dúas almas para que a felicidade poida cruzar a pé dun corazón ao outro. Tamén hai desamor. Sexa como sexa, amor ou desamor, veraste reflectido en cada liña.


Hai poemas que perseguen a xustiza social coa mesma determinación con que certos gobernantes esmagan aos pobos, hai caídas, hai desvelos, homenaxes, viaxes ao interior, homes que non conseguen dar consigo e homes que se escriben a si mesmos as cartas de amor que sempre se negaron.
Vida, vida estalando en cada verso.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: P MAR tod novidades




No hay comentarios: