viernes, 31 de julio de 2015

Na sala de audiovisuais... Musarañas

España, anos cincuenta. Montse xa non é nova, perdeu a súa xuventude coidando da súa irmá pequena, encerradas nun sinistro piso do centro de Madrid. A súa nai morreu no parto da pequena, e o pai non puido soportalo. Fuxiu covardemente deixándoas soas. Obrigada a ser pai, nai e irmá maior, Montse escóndese da vida, entre catro paredes, alimentando un temperamento obsesivo e desequilibrado: padece de agorafobia, e non pode dar un paso fóra de casa.

Ela non entende o que lle sucede, e o sufrimento que esa estraña enfermidade lle xera obrígaa a refuxiarse nun mundo de oracións e avemarías. Montse traballa de costureira e o único nexo de unión coa realidade é a nena, unha nena que está deixando de selo. Un día, esa cadea rompe: Carlos, un veciño novo e irresponsable, ten a desgracia de caer pola escaleiras buscando axuda na única porta á que foi capaz de arrastrarse. Montse recólleo. Alguén entrou no tobo das musarañas, pode que non volva saír...

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: CINE ESPAÑOL MUS novedades


(fuente: LaButaca)

No hay comentarios: