viernes, 3 de julio de 2015

Na sala de audiovisuais... Birdman

Birdman é a primeira aventura como director no xénero da comedia, do experto en desgarradores dramas Alejandro Gónzalez Iñárritu. A historia trata da carreira dun actor e de como esta se esborrallou. O actor recorda con anhelo os anos nos que interpretou papeis de extraordinario éxito como o dun superheroe, que hoxe por hoxe segue sendo un referente. Agora desexa máis que nunca volver de novo á súa carreira, subido nos escenarios de Broadway, mentres que loita por recuperarse a si mesmo, como comparece, e tamén recuperar os seus seres máis queridos, a súa familia.

Gónzalez Iñárritu (Babel, Amores perros, 21 gramos ou Biutiful) é o responsable do guión xunto a Nicolas Giacobone (El último Elvis), Alexander Dinelaris e Armando Bo. A historia foi concibida dende un primeiro momento como unha tola comedia.


Gañadora de 4 premios Oscar: Mellor Película, Mellor Director, Mellor Guión Orixinal e Mellor Fotografía

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA BIR novedades


(fuente: Sensacine)

No hay comentarios: