viernes, 10 de julio de 2015

Na sala de audiovisuais... Big eyes

'Big eyes' está baseada na historia real de Walter Keane, un dos pintores máis exitosos dos anos 50 e principios dos 60. O artista alcanzou unha notoriedade asombrosa ao revolucionar a comercialización e accesibilidade da arte popular coas súas enigmáticas pinturas de nenos abandonados con grandes ollos.

Non obstante, a verdade remataría saíndo á luz: a obra de Keane non foi creada por el, senón pola súa esposa, Margaret. Ao parecer, os Keane viviron unha mentira que foi crecendo ata alcanzar proporcións xigantescas.

"Big eyes" céntrase no espertar de Margaret como artista, no fenomenal éxito das súas pinturas e a tumultuosa relación que mantivo co seu marido, catapultado á fama mundial mentres se levaba todo o crédito polo traballo de Margaret.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: DRAMA BIG novedades


(fuente: LaButaca)

No hay comentarios: