lunes, 13 de julio de 2015

La luz que no puedes ver, de Anthony Doerr

Marie-Laure vive co seu pai en París, preto do Museo de Historia Natural, onde el traballa como responsable dos seus mil fechos. Cando, sendo moi nena, Marie-Laure quédase cega, o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do seu barrio para que poida memorizala grazas ao tacto e encontrar o camiño á casa. Aos seus doce anos, os nazis ocupan París e pai e filla teñen que fuxir á cidade amurallada de Saint-Malo. Con eles lévanse a que podería ser a máis prezada e perigosa xoia do museo.

Nunha cidade mineira de Alemaña, o mozo orfo Werner crece xunto á súa irmá pequena, cativado por unha rudimentaria radio que ambos os dous encontran. Werner convértese nun experto en construír e reparar estes aparatos cruciais para os novos tempos, un talento que non pasa desapercibido ás Xuventudes Hitlerianas.

Seguindo o exército alemán, Werner deberá atravesar o corazón en guerra de Europa. Ata que na última noite antes da liberación de Saint-Malo os camiños de Werner e Marie-Laure por fin se crucen. E as súas vidas cambien para sempre.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N DOE luz novidades histórica



No hay comentarios: