lunes, 6 de julio de 2015

La chica del tren, de Paula Hawkins

Estabas no tren das 8.04?

Viches algo sospeitoso?

Rachel, si

Rachel toma sempre o tren das 8.04 h. Cada mañá o mesmo: a mesma paisaxe, as mesmas casas... e a mesma parada no sinal vermello. Son só uns segundos, pero permítenlle observar a unha parella almorzando tranquilamente na súa terraza. Sente que os coñece e inventa uns nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida é perfecta, non como a súa. Pero un día ve algo. Sucede moi á présa, pero é suficiente. E se Jess e Jason non son tan felices coma ela cre? E se nada é o que parece?


Ti non a coñeces. Ela a ti, si.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N HAW chi novidades intriga e misterio





No hay comentarios: