jueves, 2 de julio de 2015

Curso "Iniciación á informática para nen@s"


Comenzamos o verán cun curso dirixido aos máis pequenos: "Iniciación á informática para nen@s", para aprender a manexar un ordenador con soltura e navegar pola rede.

Terá lugar do 6 ao 17 de xullo, de 10:30 a 12:00 h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Conceptos e nocións básicas
- Principais compoñentes dun equipo informático
- Escritorio de Windows
- Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo
- Teclado: teclas básicas
- Funcións básicas: creación de carpetas, apertura de programas, ventás e menús

2. Procesador de textos
- Barra de ferramentas: elementos básicos
- Modificación de textos: copiar, pegar, eliminar, xustificar, etc.
- Fontes: tamaño, grosa, cursiva, etc.
- Insetar elementos no documento

3. Internet
- Conceptos básicos
- Búsqueda de información en Internet
- Páxinas máis coñecidas e axeitadas para nenos (xogos educativos online, debuxos)



O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


No hay comentarios: