miércoles, 15 de julio de 2015

Afinando o oído...

... có último traballo de India Martínez, "Dual". Un disco de duetos acompañada de 15 artistas, con algúns temas xa coñecidos e outros novos para este álbum, incluíndo a canción  "Niño sin miedo" (na banda sonora da película "El Niño"), gañadora do premio Goya á Mellor Canción Orixinal. David Bisbal, Enrique Iglesias, Vanesa Martín, Estopa ou Maldita Nerea son algúns dos cantantes que podédes atopar neste novo traballo da artista cordobesa.

Podédes atopalo na Biblioteca co rótulo: POP-ROCK N. MAR




No hay comentarios: