lunes, 20 de julio de 2015

A flor de piel, de Javier Moro

O 30 de novembro de 1803, unha corveta zarpa do porto da Coruña entre aclamacións e aplausos. No seu interior viaxan vinte e dous nenos orfos cuxa misión consiste en levar a recén descuberta vacina da varíola aos territorios de Ultramar. Acompáñaos Isabel Zendal, encargada de coidalos. Os heroes desta desatinada expedición, dirixida polo médico Francisco Xavier Balmis e o seu axudante Josep Salvany, sobrevivirán a temporais e naufraxios, enfrontaranse á oposición do clero, á corrupción dos oficiais e á cobiza dos que buscan lucrarse a custa dos desamparados.

Se ao final esta aventura se converteu na maior proeza humanitaria da Historia, debeuse non só á coraxe daqueles nenos que se viron abocados a salvar as vidas de tanta xente, senón tamén á ousadía dos dous directores, homes sen medo que se disputaron o amor da única muller a bordo.

A raíz do descubrimento da identidade de Isabel Zendal, Javier Moro, autor de "Pasión India" e "El imperio eres tú", reconstrúe unha prodixiosa epopea da man dun personaxe feminino inesquecible. Os protagonistas da flor de pel, esgazados entre a paixón de salvar ao mundo e a necesidade de salvarse a si mesmos, son como luces no horizonte escuro do final dunha época.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N MOR afl novidades histórica





No hay comentarios: