miércoles, 24 de junio de 2015

Nova edición do curso "GaliciaLe"


O próximo martes 30 voltamos cunha nova edición do curso "GaliciaLe".

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. O curso está orientado a aprender a manexar esta plataforma e descargar libros electrónicos nun dispositivo.

Terá unha duración de 2 horas, de 17:00 a 19:00 h. e hai 10 prazas dispoñibles. É totalmente gratuíto, e para participar é preciso ser socio da biblioteca. Só tedes que inscribirvos na oficina de Administración.


No hay comentarios: