viernes, 26 de junio de 2015

Na sala de audiovisuais... The Imitation Game (Descifrando Enigma)

A película narra a vida do británico criptógrafo Alan Turing, e nela desvélase a realidade que rodeou a unha das persoas que fixeron posible a derrota do exército nazi na Segunda Guerra Mundial.

Turing, quen pasou á historia por -en teoría- ser a persoa responsable de descifrar os códigos secretos do exército alemán transmitidos pola máquina Enigma, non foi tratado como un heroe. A pesar de supoñer o maior logro en vantaxe táctica do conflito bélico, iso non prevaleceu sobre as súas inclinacións sexuais.


De regreso á súa patria natal, foi axuizado e procesado polo goberno británico acusado de ser homosexual. Tras ser abafado publicamente e retirarlle as súas condecoracións, foi castrado quimicamente e abandonado na prisión onde a depresión puido con el.

Gañadora do Oscar ao Mellor Guión Adaptado.

Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: SUSPENSE IMI novedades


(fuente: Sensacine)

No hay comentarios: