viernes, 19 de junio de 2015

Na sala de audiovisuais... El juego de Ender

"El juego de Ender" é unha película futurista ambientada no ano 2070. Tras unha invasión alieníxena, os humanos terán que loitar pola súa supervivencia, para que a Terra non caia en mans destes extraterrestres aos que chaman "Insectores".

Para levar a cabo o seu labor, os terrícolas crean a Frota Internacional (FI), unha unidade militar formada por un exército de elite cuxa misión é acabar cos invasores. O Comandante da Frota Internacional Mazer Rackham (Ben Kingsley) adestrarán á elite para enfrontarse ao futuro que os espera. Todas as esperanzas parecen recaer en Andrew Ender Wiggin (Asa Butterfield), un neno con calidades especiais que, xunto a outros rapaces, recruta a compañía para futuras batallas contra os Insectores.

Na Escola de Batalla pronto empezará a despuntar entre os demais, pasando a ser o comandante da Escuadra Dragón, ao mando de corenta soldados. O coronel Hyrum Graff (Harrison Ford) será o seu mentor, o cal o poñerá ao límite con extremos adestramentos físicos e psicolóxicos. Será Ender capaz de salvar ao planeta da invasión extraterrestre?


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo: C.FICCIÓN JUE


(fuente: Sensacine)

No hay comentarios: