lunes, 15 de junio de 2015

Khimera, de César Pérez Gellida

2054. Tras a Guerra de Devastación Global, a realidade social e xeopolítica cambiou rotundamente. Os vellos conceptos da democracia e o capitalismo foron enterrados polas correntes transhumanistas e a tecnofaxia. O poder concéntrase en mans das grandes corporacións, non obstante aínda queda un cabo solto, un molesto inconveniente que se escapa das afiadas uñas da Asemblea: Khimera.

Na arriscada busca dun enigmático personaxe coñecido como o bogatyr -heroe para algúns e vilán para outros-, están postas as últimas esperanzas daqueles que loitan para lograr que o mundo cambie para sempre.

César Pérez Gellida, autor da triloxía "Versos, canciones y trocitos de carne", éxito absoluto de crítica e vendas no último ano, volve á narrativa superando todas as nosas expectativas e rompendo os seus propios canons cun relato que estilisticamente recorda á habilidade creativa de J. R. R. Tolkien e á mestría visionaria de George Orwell ou William Blake. Unha reinvención do thriller literario ao máis puro estilo Gellida que algúns xa cualificaron de obra mestra.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N PER khi novidades ciencia ficción





No hay comentarios: