lunes, 1 de junio de 2015

Inmersión, de Christophe Ono-dit-Biot

"Achárona así. Nua e morta. Na praia dun país árabe. O sal formara cristais sobre a súa pel."

César ten que ir a identificar o cadáver da muller á que amou apaixonadamente. Ela fórase había pouco tempo a algún lugar descoñecido, deixándoo só con Héctor, o fillo de ambos os dous. Ela era artista, chamábase Paz. Era radiante, inqueda e incriblemente hábil. Estábase a afogar en Europa e agora fora achada morta nunha praia de Arabia.


Polo seu fillo, a quen lle debe a verdade sobre a súa nai, César ha de remontarse aos inicios do seu amor -o seu encontro, o debut e a ascensión de Paz no mundo da arte, o nacemento do seu fillo- e intenta entender as razóns que precipitaron o seu final.


Entre os tesouros da Europa antiga e as megalópoles do Novo Mundo, entre o mármore dos museos e a area das beiras nas que todo se lava, entre o barullo dun mundo en crise e a absoluta paz dos fondos mariños, Inmersión é a historia dunha parella dos nosos tempos, presa da vertixe dunha época na que cada vez é máis difícil amar.


Gran Premio de Novela da Academia Francesa 2013.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N ONO inm novidades romántica

No hay comentarios: