miércoles, 3 de junio de 2015

Exposicións e mostras do mes de Xuño

Durante este mes de xuño teremos no vestíbulo da Biblioteca a exposición "II Concurso de Fotografía - Eucaristía y Patrimonio Religioso en Lugo", organizada polo Centro Eucarístico Lucense. Poderédela visitar durante todo o mes.



E tamén contamos con distintas mostras bibliográficas, onde poderédes atopar moita información sobre o mundo romano ou planificar as vosas vacacións. No vestíbulo a mostra "Roma" e na sala infantil a mostra "Arde Lucus" poden axudarvos a mellorar a vosa indumentaria do Arde Lucus ou simplemente coñecer mellor esta antiga civilización. E na planta -1, na sala de préstamo, a mostra "Preparando as vacacións", que xa están a volta da esquina! Todas estarán dispoñibles durante o mes de xuño.




No hay comentarios: