martes, 23 de junio de 2015

El aroma del crimen, de Xabier Gutiérrez

A Vicente Parra, oficial instrutor da Ertzaintza, con sede no barrio do Antigo de San Sebastián, sonlle asignados dous casos aparentemente moi diferentes.

A deseñadora de moda Elena Castaño foi salvaxemente apuñalada na súa mansión e aínda que os indicios apuntan a un roubo, pronto queda claro que se trata dun crime persoal disfrazado de asalto. O outro caso é a morte por insuficiencia renal e hepática dun mozo chamado Cristian José, bedel na universidade. A nai do mozo sospeita que a morte non foi natural pois encontrou importantes cantidades de diñeiro en efectivo na súa casa e ademais levaba ultimamente un tren de vida que non se correspondía co seu soldo.

Vicente pronto descobre que os sospeitosos están todos relacionados co mundo da gastronomía, e máis cando a autopsia do cadáver de Cristian non ofrece dúbidas sobre as causas da súa morte.

Podes atopalo na biblioteca co rótulo: N GUT aro novidades intriga e misterio




No hay comentarios: