martes, 16 de junio de 2015

Curso "Iniciación á informática para adultos"


Un novo mes e unha nova edición do noso curso de iniciación á informática para adultos, dirixido a todos aqueles que queredes aprender a manexar un ordenador con soltura.

Terá lugar do 22 ao 26 de xuño, de 11:00 a 12:30 h., e o contido do curso será o seguinte:

1. Conceptos e nocións básicas:
Principais compoñentes dun equipo informático.
Escritorio de Windows: iconas.
Rato: utilidades do botón dereito e esquerdo.
Teclado: teclas básicas.
Funcións básicas: crear carpetas; abrir programas, ventás e menús.
Elementos externos: impresora, lector de CD, USB, etc.

2. Procesador de textos:
Barra de ferramentas: elementos básicos.
Modificar textos: copiar, pegar, eliminar, xustificar, etc.
Fontes: tamaño, grosa, cursiva, etc.
Insertar elementos no documento.

O curso ten un cupo de 10 prazas e é totalmente gratuíto. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


No hay comentarios: