martes, 9 de junio de 2015

Curso "Alfabetización Informacional"

A próxima semana contamos cun novo curso para aprender a manexarse no mar de información ao que estamos sometidos na actualidade. 

O obxectivo do curso é conseguir ser un usuario independente na busca, selección, valoración e uso da información para aproveitala de xeito óptimo e satisfactorio segundo as vosas necesidades e de forma ética. Isto lograrémolo coñecendo e traballando fontes de información tradicionais, en liña, xerais, especializadas, etc.

Terá lugar do 15 ao 19 de xuño, de 17:00 a 18:30 h., e é totalmente gratuíto.

Temos un cupo de 10 prazas dispoñibles. Para participar é preciso ser socio da biblioteca e non tedes máis que inscribirvos na oficina de Administración.


No hay comentarios: